viernes, 9 de mayo de 2025

CRUCEIRO DE MAGARIÑOS - MAGARIÑOS - SETECOROS - VALGA

CRUCEIRO DE MAGARIÑOS

MAGARIÑOS

SETECOROS

VALGA

       Trátase dunha cruz alta, posto que cruz e varal forman un único bloque de pedra de cantaría. O baseamento ten planta cuadrangular e está composto por dúas gradas de bloques graníticos. 

        O pedestal é un simple cubo de pedra coroado por molduras aboceladas de perfís decrecentes.

      A cruz ten un arranque de sección cuadrangular e desenrolo octogonal. 

       Todo o conxunto presenta erosión, como consecuencia do vento e da chuvia.

      No anverso atopamos a figura dun Cristo crucificado con tres cravos e ladeando a cabeza cara a súa dereita.

      Por debaixo aparece unha caveira sobre dúas tibias atravesadas, símbolo da morte.

      No reverso pode observarse á Virxe de pé, sobre un pedestal e en actitude orante. Baixo dela, a figura dun bispo cun báculo na man dereita e un libro na esquerda. 

      O autor Lois Ladra apunta na súa obra “Arte relixiosa popular na terra de Valga. Cruceiros, cruces e petos de ánima” que podería tratarse de San Bieito.

      O seu emprazamento actual non é o orixinal, xa que foi movida logo da súa última restauración no 2017. 

     A cruz sufrira importantes danos a consecuencia da colisión dun camión que partira nunha quincena de fragmentos o varal e as figuras que compoñían a cruz alta.

MAPA

 

 Fuente: Web obaixoulla.gal

XOAN ARCO DA VELLA

 

CRUCEIRO DA COSTA - CORNES - ROIS

 CRUCEIRO DA COSTA

CORNES

ROIS

      Trátase dun cruceiro de tipo de capela ou de Loreto. Na parroquia de San Mamede hai tres deste tipo. 

     Atópase á beira dereita da estrada que vai de Urdilde a Rois; é nunha encrucillada, fora do núcleo de casas Cornes pero a moi pouca distancia.

      Aséntase sobre unha base de plataforma cuadrangular e formada por unha grada de tres chanzos que observamos na parte frontal do cruceiro, posto que os laterais están tapados por o terreo e a vexetación.

     Deste último chanzo e sen pedestal sae o fuste, que é monolítico e de forma cuadrangular no comezo e no final, no tramo central ten as arestas rebaixadas. 

     Na parte central e frontal do fuste hai unha figura, un santo que viste hábito longo e semella ter cordón, semella tamén portar algo pero está moi deteriorada a figura, con probabilidade se trate de San Antonio ou San Francisco.

     Sobre o fuste vemos un capitel sen adornos nin figuración salvo no frontal que ten unha cabeza de anxo alado.

      Encima vai a capela que é a parte máis destacable deste cruceiro. O teito é abovedado, comezando con arco de medio punto e formando unha bóveda de canón, e no interior a representación dunha cabeza de anxo, de grande calidade escultórica. 

     Na parede lateral interna esquerda ten gravada en baixo relevo unha virxe, moi erosionada e de trazo groxo é de pouca calidade escultórica. No exterior da capela non ten ningunha representación. 

     No interior da capela ten unha virxe máis está figuración é relativamente actual, pois a orixinal desaparecerá. sobre a capela coroa a obra unha cruz lisa sen ningún tipo de motivo. Pero está tampouco é a cruz orixinal do cruceiro que desapareceu hai aproximadamente 30 anos. A orixinal tiña un cristo crucificado.

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

EIRA DE CERA DA PARAÑOS - PARAÑOS -COVELO

 EIRA DA CERA DE PARAÑOS

PARAÑOS

COVELO

 Curadoiros ou Eira da cera
      Os curadoiros ou eiras da cera son espazos arquitectónicos ao aire libre, cubertos con lousas de pedra e que adoitan formas diversas, podendo estar a rentes do chan ou elevados.

      Normalmente están orientados cara ao sur, sen ningún obstáculo que produza sombra para favorecer o mellor aproveitamento da insolación.

       Son estruturas rectangulares, compostas por grandes lousas de granito, traballadas pola cara visíbel cunha leve inclinación.

       Conforman un empedrado perfecto e moi ben traballado que remata en todo o seu perímetro, nunha sorte de bordo feito en pedra elevado sobre a superficie da eira.

      Estes curadoiros poden chegar a ter unha superficie de 132 m2.

       Usábanse para branquear a cera ao sol (que era estendida sobre a súa superficie durante varios días).

      Con este proceso conseguíase que o efecto fotoquímico da radiación solar tornase a cera amarela en branca (chamada popularmente “cera esperma”). 

 VIDEO

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 8 de mayo de 2025

LENDA DA NOSA SEÑORA DA ESCRAVITUDE - CRUCES - PADRÓN

 LENDA DA SEÑORA DA ESCRAVITUDE

CRUCES

PADRÓN

      O Santuario da Nosa Señora da Escravitude é unha igrexa mariana enclavado na Escravitude, aldea da parroquia de Santa María de Cruces, Padrón. A carón do templo pasa o camiño portugués do Camiño de Santiago.

Orixe
       A tradición recolle dous feitos que determinaron a construción do templo. O primeiro deles produciuse no 1582, cando Juan Pérez Mondragón, reitor da parroquia de Cruces, estivo a piques de morrer esmagado por unha árbore. 

      Logo de librarse, en sinal de agradecemento á Virxe María, mandou esculpir unha imaxe da Virxe co neno, que foi situada sobre unha fonte que había no lugar, coñecida desde entón coma a Fonte Santa.

      O segundo dos feitos tivo lugar no 1732, cando un salnesán que padecía hidropisía se dirixía xunto coa súa muller e a súa filla cara ao hospital de Santiago de Compostela. Ao seu paso pola Fonte Santa, bebeu a súa auga e pediulle axuda á Virxe, e ao cabo de tres días curouse da súa enfermidade. 

      A lenda di que daquela exclamou o seu agradecemento á Virxe por curalo "da escravitude" do seu mal, de onde derivaría o nome do santuario. En sinal de gratitude, doou o carro e os bois. Ó espallarse a nova, a fonte comezou a atraer devotos en busca de curación, o que trouxo consigo tamén un aumento das doazóns.

Historia do edificio
      Con estas achegas construíuse unha capela onde se albergou a imaxe, chamada xa A Nosa Señora da Escravitude, e co paso do tempo ampliouse ata a actual igrexa. O documento notarial da pintura do retablo maior data a finalización das obras no 1743. 

       No ano 1885, grazas ao financiamento dun galego enriquecido en América, construíuse unha segunda torre simétrica á que xa tiña o templo no 1743, sendo ese o aspecto do edificio que chegou aos nosos días. 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SANTA CRUZ DE RUBIACÓS - SANTA CRUZ - RUBIACÓS - NOGUEIRA DE RAMUÍN

 IGREXA DE SANTA CRUZ DE RUBIACÓS

SANTA CRUZ

SANTA CRUZ DE RUBIACÓS

NOGUEIRA DE RAMUÍN

Santa Cruz
     Santa Cruz é un lugar da parroquia de Santa Cruz de Rubiacós, no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, na comarca de Ourense.

     Segundo o IGE, en 2022 tiña 19 habitantes (7 homes e 12 mulleres).

Santa Cruz de Rubiacós
       Santa Cruz de Rubiacós é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense.

     No ano 2007 tiña 93 habitantes (35 homes e 58 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 16 habitantes en relación ao ano 2000.

Lugares de Santa Cruz de Rubiacós
     Cortecadela, Espartedo, Mundín, Picornio, Rubiacós, Santa Cruz

Comarca de Ourense
      A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense.

      Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CAPELA DA VIRXE DO MONTE - LOÑA DO MONTE - NOGUEIRA DE RAMUÍN

 CAPELA DA VIRXE DO MONTE

LOÑA DO MONTE

NOGUEIRA DE RAMUÍN

 Capela da Virxe do Monte
      Capela situada en Loña do Monte, no límite do concello de Nogueira de Ramuín co de Esgos, a uns 930 m de altitude, nun entorno con excepcionais vistas.

      Data da segunda mitade do século XVIII, concretamente de 1770, segundo unha inscrición na fachada, pero hai un documento de 1509, citado no libro de Emilio Duro Peña sobre o mosteiro de San Pedro de Rocas, no que xa se fai referencia a esta capela.

     É posible que houbera unha capela anterior, que quizais estivera noutra zona do monte, concretamente no lugar da Eirexa.

     Está consagrada a Sta María, e celébrase unha romaría o 15 de Agosto. Destaca o camarín da santa, construído en pedra, con tres arcos de medio punto.

     Ao seu carón pasaron varios camiños, moi importantes na sua época, como o que unía o Castelo Litoria con Astorga, xa na época dos romanos.

Comarca de Ourense

     A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. 

     Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín. 

 MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA