miércoles, 5 de febrero de 2025

CRUCEIRO PETO DE PARAÑOS - PARAÑOS - COVELO

 CRUCEIRO PETO DE PARAÑOS

PARAÑOS 

COVELO

     Moi preto da igrexa de Paraños atópase este cruceiro orixinario do ano 1794 segundo consta no seu baseamento.

     Ten coma curiosidade o feito de contar cun peto de animas na súa base, no que aparece simbolizada a figura de Santo Antón salvando dúas animas do purgatorio co cordón que colga do seu hábito de monxe.

     Segundo se conta foi este cruceiro o que serviu de inspiración a Xosé Cerviño para construír o cercano cruceiro de Covelo 105 anos máis tarde.

Paraños
     Santa María de Paraños é unha parroquia que se localiza no aur do concello de Covelo na comarca da Paradanta.

     Segundo o IGE en 2014 tiña 233 habitantes (117 homes e 116 mulleres), 49 menos ca en 2004 (142 mulleres e 140 homes segundo o padrón municipal) e 35 menos ca en 1999. Ten oito entidades de poboación.

Comarca da Paradanta
      A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

     A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. 

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.

     Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DA NOSA SEÑORA DO LIBRAMENTO - A CONGOSTRA - A LAMOSA - COVELO

 CRUCEIRO DA SRA. DO LIBRAMENTO

A CONGOSTRA

A LAMOSA

COVELO

    Cruceiro situado nun pequeno xardín de buxos e protexido cun enreixado metálico.

     Nace sobre dous chanzos de sección cadrada, o superior coas arestas rebaixadas.

     A súa base aparece profusamente decorada nos seus catro lados por nichos nos que aparecen representadas Eva espida, Adán, Eva ao carón da Árbore da Sabedoría e por último Adán implorando perdón a Deus.

     A continuación o varal de sección cilíndrica con estrías con varias imaxes:
* a da Virxe do Libramento sobre unha peaña coa seguinte inscrición: “Nr. S. LIBRAMENTO”.
* San Bartolomeu pisando ao demo sobre peaña coa seguinte inscrición: “S. BARTOLOME”.

     O capitel, de estilo corintio, posúe caras de anxo nos catro lados.

      A cruz é de sección circular, leñosa, con nós. No anverso podemos ver a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI acompañado dun anxo que recolle o sangue do seu costado.

A Congostra
     A Congostra é un lugar da parroquia da Lamosa, no concello pontevedrés de Covelo, na comarca da Paradanta.

Comarca da Paradanta
      A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente. 

      Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020. 

 

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SANTA COMBA DE BÉRTOLA - BÉRTOLA - VILABOA

 IGREXA DE SANTA COMBA

BÉRTOLA

VILABOA

 Santa Comba de Bértola
      Santa Comba de Bértola é unha parroquia que se localiza no concello de Vilaboa e pertence a diocese de Santiago de Compostela. 

      Segundo o IGE, en 2022 tiña 826 habitantes (384 homes e 442 mulleres). Ten trece entidades de poboación.

      Linda co concello de Pontevedra (concretamente coas parroquias da Canicouva, Tomeza e Salcedo), e coa parroquia de Figueirido do propio concello de Vilaboa. Por Bértola pasa a Vía romana XIX, recentemente sinalizada, e o Camiño Xacobeo Portugués.


Patrimonio
       A igrexa parroquial é de estilo renacentista concretamente de 1525 século XVI, agás a fachada que é do século XVIII. A planta é de cruz latina. Os dous tramos anteriores ao presbiterio están cubertos con bóveda de crucería con clave colgante, e o presbiterio está cuberto por perpiaños formando bóveda de canón. 

      A ábsida está cuberta con bóveda de canón polo interior, máis baixa cá da nave. Ao norte está acaroada a sancristía.

      Na pequena sancristía, cuberta cunha bóveda de canon destaca unha inscrición tallada na pedra, xusto enriba da porta de entrada, que seguramente nos remita ás orixes do templo, xa que comeza dicindo: "Esta obra sihi si" e tamén aparece o nome "Narciso".

     Na fachada principal atópase o portón de acceso, destacando unhas puntas de frecha angulares nas esquinas. Sobre a porta hai un fornelo coa imaxe de santa Comba e unha xanela rectangular. Na espadana hai tres ocos con arcos de medio punto, dous con dúas campás de distinto tamaño.

     A porta principal atópase cara ao norte, e dende ela podemos observar o muro da casa reitoral. Enriba desta temos un pequeno cruceiro que representa o Cristo crucificado.

      Xa no exterior, nunha pequena zona axardinada resultante dos muros da igrexa e da Sancristía, atopamos un dos cruceiros mais singulares do noso territorio: o Hábeas. Sobre dous chanzos, sitúase un pedestal de maior tamaño un pouco deteriorado.

     Sobre este, o varal circular sen ningún tipo de ornamentación, un colariño, e un chapitel, enriba dos cales se asenta unha cruz cos extremos ancorados. Por un lado, temos a figura dun cáliz, e polo outro un elemento non identificado (quizais os restos dun Xesucristo).

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DE ÁNIMAS DA PONTE DE ESTEIRO - CAMIÑO DO ESTEIRO - O COUTO - CESANTES - REDONDELA

CRUCEIRO DE ÁNIMAS 

DE

 PONTE DE ESTEIRO

CAMIÑO DO ESTEIRO

O COUTO

CESANTES

REDONDELA

Cesantes
     San Pedro de Cesantes é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. 

     A parroquia de Cesantes limita ao Norte con Soutoxuste (O Viso, Redondela), ao leste coa parroquia do Viso, ao sur con Redondela e ao oeste coa ría de Vigo. Abarca, á parte do territorio peninsular, as illas de San Simón e San Antón. 

    Nos tempos nos que era maioritariamente poboada por mariñeiros, popularmente era coñecida polo nome de "Os-Tras", que subsiste aínda entre a xente maior e nalgúns rótulos comerciais.

     Os seus principais barrios son Outeiro das Penas, Carballiño, O Coto e San Pedro, pero podemos atopar subzonas coma A Pantalla, Catapeixe ou Couto do Mexo, ademais da illa de San Simón, que administrativamente pertence a Cesantes.

     A parroquia ten unha extensión aproximada de 12 km². A pesar de ser unha vila costeira conta cun relevo bastante irregular. A superficie arbórea rolda o 5 por cento e a parroquia é atravesada polo río Pexegueiro. Ten porto propio, lonxa e unha confraría de Pescadores, a confraría de San Xoán. Ademais aloxa un porto deportivo e un peirao.

Xentilicio
     O seu xentilicio é cesantino.

Toponimia
     O nome de Cesantes podería derivar da palabra celta "cee" (peirao) e "sanctes" (santo).

Lugares de interes
     A parroquia de San Pedro de Cesantes contén un gran número de zonas de interese natural, ao estar integrada no fondo da Ría de Vigo.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 4 de febrero de 2025

IGREXA DE SAN MAMEDE DE TRABANCAS - TRABANCAS - AGOLADA

IGREXA DE SAN MAMEDE

TRABANCAS

AGOLADA

 As Trabancas
        San Mamede das Trabancas é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Agolada. 

     Segundo o IGE en 2016 tiña 116 habitantes (60 mulleres e 56 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 192 habitantes.

Lugares das Trabancas
      Aián, Couso, Lamas, Romariz, As Trabancas, Trascastro, O Val

Agolada
      Agolada é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 2 585 habitantes (3 875 en 2003).O seu xentilicio é agoladés ou aqualatense.

Xeografía
      Agolada está situado no centro de Galicia, na punta nordeste da provincia de Pontevedra, entre o río Arnego, a serra do Farelo e o río Ulla.

      O concello limita cos concellos de Palas de Rei, Antas de Ulla (provincia de Lugo), Santiso (provincia da Coruña), Rodeiro, Lalín e Vila de Cruces.

     O monte Farelo, con 952,6 metros, e situado na serra do Farelo, é o punto máis alto do concello. O río Ulla, que fai de límite norte do concello, é o principal curso fluvial. En Brocos úneselle o río Arnego antes do comezo do encoro de Portodemouros. O seu outro afluente principal é o río Deza.

     Ten clima é oceánico interior, co inverno suave e o verán fresco. As precipitacións anuais son de 1 290 mm.

Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. 

     A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

MAPA

 

 

XOAN ARCO DA VELLA