CRUCEIRO DA SRA. DO LIBRAMENTO
A CONGOSTRA
A LAMOSA
COVELO
Cruceiro situado nun pequeno xardín de buxos e protexido cun enreixado metálico.
Nace sobre dous chanzos de sección cadrada, o superior coas arestas rebaixadas.
A súa base aparece profusamente decorada nos seus catro lados por nichos nos que aparecen representadas Eva espida, Adán, Eva ao carón da Árbore da Sabedoría e por último Adán implorando perdón a Deus.
A continuación o varal de sección cilíndrica con estrías con varias imaxes:
* a da Virxe do Libramento sobre unha peaña coa seguinte inscrición: “Nr. S. LIBRAMENTO”.
* San Bartolomeu pisando ao demo sobre peaña coa seguinte inscrición: “S. BARTOLOME”.
O capitel, de estilo corintio, posúe caras de anxo nos catro lados.
A cruz é de sección circular, leñosa, con nós. No anverso podemos ver a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI acompañado dun anxo que recolle o sangue do seu costado.
A Congostra
A Congostra é un lugar da parroquia da Lamosa, no concello pontevedrés de Covelo, na comarca da Paradanta.
Comarca da Paradanta
A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.
Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA