viernes, 17 de enero de 2025

CAPELA DE SAN SILVESTRE - FERREIRA - PAREDES DE COURA

 CAPELA DE SAN SIVESTRE

FERREIRA

PAREDES DE COURA

 Ferreira
     Ferreira era unha fregresia portuguesa do municipio de Paredes de Coura, distrito de Viana do Castelo.

Historia
      Foi suprimida o 28 de xaneiro de 2013, en aplicación de unha resolución da Asamblea da República portuguesa promulgada o 16 de xaneiro de 2013 o unirse coa fregresia de Formariz, formando a nova fregresia de Formariz e Ferreira.

Paredes de Coura
     Paredes de Coura es una vila portuguesa do distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e comunidade intermunicipal do Alto Miño, con cerca de 9100 habitantes.

      E sede de un municipio con 138,02 km² de área y 8632 habitantes (2021), subdividido en dezaseis fregresias.

       O municipio limita o norte cos municipios de Valença e Monção, o este con Arcos de Valdevez, eo sur con Ponte de Lima e o oeste con Vila Nova de Cerveira.

     Todos os vrans celebra el Festival de Paredes de Coura dónde acuden grupos musicais de nivel internacional,o que o convierte en un dos máis importantes de Portugal.

Las fregresias de Paredes de Coura son las siguientes:​
    Agualonga
    Bico e Cristelo
    Castanheira
    Cossourado e Linhares
    Coura
    Cunha
    Formariz e Ferreira
    Infesta

    Insalde e Porreiras
    Mozelos
    Padornelo
    Parada
    Paredes de Coura e Resende
    Romarigães
    Rubiães
    Vascões

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 16 de enero de 2025

PETO DA SEÑORA DO LEITE - RÚA DA NOSA SEÑORA DO LEITE - BRAGA

 PETO DA SEÑORA DO LEITE

RÚA DA NOSA SEÑORA DO LEITE

BRAGA

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 


CAPELA DE SAN BARTOLOMEU - A DEVESA - A CORNA - PIÑOR

 CAPELA DE SAN BARTOLOMEU

A DEVESA

A CORNA

PIÑOR

 A Devesa
     A Devesa é un lugar da parroquia da Corna, no concello ourensán de Piñor, na comarca do Carballiño.

     Segundo o IGE, en 2023 tiña 16 habitantes (9 homes e 7 mulleres).

A Corna
     Santa María do Desterro da Corna é unha parroquia do concello de Piñor na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     Segundo o IGE en 2014 tiña 107 habitantes (56 homes e 51 mulleres), 56 menos ca en 1999.

       No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1847) aparece citada como "Destierro ó Corna". Por entón tiña 80 vivendas, con 400 habitantes.

Lugares da Corna
      Os Asneiros, Barreiros, A Corna, A Devesa, As Fontes, Marañís, Paredes, Sobrado

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal. 

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 15 de enero de 2025

IGREXA DE SAN LOURENZO - MOIMENTA - LALÍN

 IGREXA DE SAN LOURENZO

MOIMENTA

LALÍN

Moimenta
       San Lourenzo de Moimenta é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín.

       Segundo o IGE en 2011 tiña 154 habitantes (76 homes e 78 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 202 habitantes.

       Nesta parroquia ten a súa sede a Banda Popular de Moimenta.

Patrimonio
      Na parroquia atopouse unha ara votiva da deusa Diana, que se garda no Museo de Pontevedra.

       Hai algunhas mámoas, restos dun posible castro coñecido polo castreliño, e tres sepulcros antropomorfos en roca, preto da igrexa.

      Existiu un torreón medieval, a Torre da Valouta, e houbo unha importante fundición de ferro ata o século XVIII.

       A igrexa parroquial de San Lourenzo de Moimenta, de fachada barroca, ten dúas imaxes en pedra, labradas a primeiros do século XX por Xosé Vilariño.

 
 Lugares de Moimenta

     O Camiño Novo, O Carqueixal, As Lamas, Meixomín, Moimenta, A Torre 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 14 de enero de 2025

CRUCEIRO DE CAMPO CASLEDO - OSEIRA - SAN CRISTOVO DE CEA

 CRUCEIRO DE CAMPO CASTELO

OSEIRA

SAN CRISTOVO DE CEA

 Oseira
      Santa María a Real de Oseira é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

      No ano 2011 tiña 389 habitantes, deles 204 eran homes e 185 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 547 habitantes.

Xeografía
     É a parroquia máis extensa do municipio de San Cristovo de Cea, ocupa aproximadamente un cuarto da totalidade do concello.

     Coñecida polo Mosteiro Cisterciense de Oseira que en épocas anteriores foi algo así como o centro neurálxico de toda a comarca do Carballiño.

Toponimia
       Oseira (do latín ossum, "lugar onde hai osos"), o nome provén de "ursaria", terra onde habitan osos, pois era frecuente poder ver este tipo de animais pola zona.

      En galego antigo escrito coma Osseira (Osseyra), posteriormente ás veces castelanizado coma Osera ou Ossera.

Festas
      Celébrase o 15 de agosto a festa en honor a Santa María a Real de Oseira. Aínda que a festa laica se fai o domingo que segue ó día 15.

Lugares de Oseira
        Arenteiriño, Áspera, Betar, Boulla, A Cabana, Confurco, A Costa, O Gamoal, Mirallos, Oseira, Pielas, Pobadura, O Río, San Martiño, Silvaboa, Tanxil, Trabazos, A Veiga de Abaixo, A Veiga de Arriba, A Ventela, Vilanfesta, Vilarello, Vilariño Frío

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

lunes, 13 de enero de 2025

CRUCEIRO DA IGREXA DE SAN MARTIÑO - SAN MARTIÑO - SALCEDO

CRUCEIRO DA IGREXA

SAN MARIÑO

SALCEDO

Salcedo
      San Martiño de Salcedo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Pontevedra.

     Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 2123 habitantes (1027 homes e 1096 mulleres), 118 menos ca en 2004 (1161 mulleres e 1080 homes), distribuídos en 28 entidades de poboación.

Historia
     Nos barrios de Cabanas e A Esculca consérvanse varios petróglifos. Hai restos de poboados castrexos, como o castro das Croas. Foron atopados diversos miliarios da vía XIX do itinerario de Antonino.

     Formou concello de seu xunto coa parroquia de Lourizán.

     En decembro de 1936, durante a guerra civil española, foron asasinados varios veciños da parroquia pola Garda Cívica de Pontevedra.

Patrimonio
      Amais da igrexa parroquial, outros edificios relixiosos son a capela de san Brais e a capela de san Breixo. A orixe desta última non está ben definida, aínda que é o gótico o estilo que predomina na parte máis antiga. O resto é do século XVIII.

     O pazo do arcebispo Malvar, chamado Pazo da Carballeira de Gandarón, acolle na actualidade a sede da Misión Biolóxica de Galicia, dedicada á investigación científica e especializada no millo.

     As festas máis importantes que se celebran nesta parroquia son o San Martiño, patrón da mesma, o 11 de novembro e Santa Rita, o 22 de maio.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA