jueves, 2 de enero de 2025

PETO DA RÚA BERNARDINO MACHADO - PAREDES DE COURA

 PETO DA RÚA BERNARDINO MACHADO

PAREDES DE COURA

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

CRUCEIRO DE XUSTÁNS - XUSTÁNS - PONTE CALDELAS

 CRUCEIRO DE XUSTÁNS

XUSTÁNS

PONTE CALDELAS

 Cruceiro de Xustáns
      Cruceiro figurado situado nunha posición de encrucillada.

      Érguese sobre unha tripla plataforma coroada por unha peaña tronco piramidal que deixa paso a un varal ochavado coroado por un capitel seriamente danado que se decora con cabezas de querubines no centro dos seus catro caras.

      Sobre el unha cruz coa imaxe do Cristo crucificado no anverso e a Virxe en actitude de oración cuberta por un manto no reverso.

Xustáns
      San Martiño de Xustáns é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas.

      Segundo o IGE, en 2022 tiña 544 habitantes (267 homes e 277 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 601 habitantes.

Xeografía
      A parroquia ten 9,1 km². Limita ao norte coa parroquia de Tourón, ao sur coa parroquia de Taboadelo e ao leste, coa parroquia de Ponte Caldelas.

      Cara ao leste, tras o monte da Fracha, atópanse as parroquias de Marcón e A Canicouva pertencentes ao concello de Pontevedra.

      O punto máis alto da parroquia é o monte da Fracha (493 metros). Pola parroquia discorren principalmente dous ríos: o río Carballido, que é afluente do río San Vicente.

       Este, á súa vez é afluente do río Verdugo. 

MAPA

 

 Fuente: Concello de Ponte Caldelas

XOAN ARCO DA VELLA

 

miércoles, 1 de enero de 2025

PONTE DE CHAMOSINHOS - SAN PEDRO DA TORRE - VALENÇA DO MINHO

 PONTE MEDIEVAL DE CHAMOSINHOS

SAN PEDRO DA TORRE

  VALENÇA DO MINHO 

San Pedro da Torre
      San Pedro a Torre é unha freguesia portuguesa do concelho (municipio) de Valencia de Miño, no distrito de Viana do Castelo,con 4,29 km² de superficie e 1.267 habitantes (2011). 

      A súa densidade de poboación é de 295,3 hab/km².

     Situada no extremo occidental do municipio e na ribeira esquerda do río Miño (que separa á freguesia de España), no patrimonio histórico-artístico de São Pedro destacan a igrexa parroquial, a capela de San Jorge, o forte de San Luís e o acueduto.

Historia
      Debido á súa boa localización na marxe esquerda do río Miño, as súas terras teñen un gran valor agrícola e esa foi unha das razóns do asentamento inicial.

     A antiga calzada romana per loca via maritima, que comunicaba Braga con Vigo, tiña en San Pedro o seu final.

     Así o testemuñan a existencia de dúas pontes romanas. Tamén o fito romano situado en Chamosinhos, dedicado ao fillo de Constantini Maximi, confirma este feito.

       A existencia dunha fonte termal e aquela inscrición suxiren que aquí se situaba o lugar chamado Aquis Celenis mencionado no Itinerario XXI de Antonino. S. Pedro dá Torre foi fundada en 1125, sendo máis adiante un enclave estratéxico durante a guerra de restauración contra Castela.

     Os casteláns construíron aquí unha fortaleza en 1657, cuxos restos aínda perduran así como outras manifestacións da resistencia desta parroquia. 

       O 14 de decembro de 1900, o lugar de Chamosinhos, pertencente á parroquia de Vila Meã, foi incluído na parroquia de S. Pedro da Torre.

     Moitos dos habitantes deste pequeno pobo foron traballar ao estranxeiro durante a década os 1970 en busca dunha vida mellor, principalmente a Estados Unidos, Canadá e Francia.

       Aqueles que regresaron construíron boas casas ("vilas") que actualmente lle dan o seu actual aspecto á parroquia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

CRUCEIRO EN NEGRELLE - QUINS - MELÓN

 CRUCEIRO EN NEGRELLE

NEGRELLE

QUINS

MELÓN

Negrelle
     Negrelle é un lugar da parroquia de Quins no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro.

     Tiña 36 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 16 eran homes e 20 mulleres.

Quins
     Santa María de Quins é unha parroquia do concello de Melón, na provincia de Ourense.

     Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 876 habitantes (415 homes e 461 mulleres), o que supón un aumento en 12 habitantes en relación ao ano anterior.

     A parroquia está atravesada pola estrada N-120, que comunica Vigo e Ourense.

Lugares de Quins
   Barcia, O Casal, Codesás, Covelo, A Eirexa, A Ibia, Moces, Negrelle, Portalaxe, Portodechán, Quins, A Serra, Vilaverde, Vivenzo

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DA NOSA SEÑORA DO BO CAMIÑO - FONTOURA - VALENÇA DO MINHO

 PETO DA SEÑORA DO BO CAMIÑO

FONTOURA

VALENÇA DO MINHO

    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 18 de diciembre de 2024

ALDEA ESQUECIDA DE SAN MIGUEL - A ARNOIA

 ALDEA ESQUECIDA DE SAN MIGUEL

A ARNOIA

San Salvador da Arnoia
      San Salvador da Arnoia é unha parroquia do concello da Arnoia, situada na provincia de Ourense.

      Segundo o IGE, en 2016 tiña 1 002 habitantes (499 homes e 503 mulleres), 182 menos ca en 2006.

Lugares da Arnoia
       Bacelo, Carnós, Os Chaos, Lapela, A Laxa, Nogueiredo, Oliveira, O Outeiro, Outeiro Cruz, A Paixón, O Pomar, A Ponte, Porqueira, Quinteiros, A Reza, O Rial, San Amaro, Sendín

A Arnoia
      A Arnoia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. 

 

      Segundo o IGE en 2016 tiña 1002 habitantes. O xentilicio é «arnoiao».

Xeografía
       Limita ao noroeste con Ribadavia, ao nordeste con Castrelo de Miño, ao leste con Cartelle, ao sueste con Gomesende e ao suroeste con Cortegada.

     Localízase na unión do río Arnoia, que divide o concello en dúas partes, co Miño.

      A zona nordeste do concello é a máis escarpada, onde se localiza o Coto de Novelle (712 m). Nela hai bosques de piñeiros e frondosas. O canón do río Arnoia é escarpado e con fervenzas.

      Ao sur do río, á altura da minicentral eléctrica, hai un gran bosque de sobreiras de máis de mil hectáreas no seu extremo suroriental estremando co concello de Cartelle.

      Ás veces chegan peladores furtivos portugueses a sacar a cortiza, xa que o aproveitamento local tradicional abandonouse hai anos.

      A zona suroeste, que forman os vales de Santo Amaro, San Vicente e Remuiño, ten unha altura media de só 80 m.

Comarca da Terra de Celenova
      A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova.

        A ela pertencen os concellos da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA