CRUCEIRO DA IGREXA
SAN MARIÑO
SALCEDO
Salcedo
San Martiño de Salcedo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Pontevedra.
Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 2123 habitantes (1027 homes e 1096 mulleres), 118 menos ca en 2004 (1161 mulleres e 1080 homes), distribuídos en 28 entidades de poboación.
Historia
Nos barrios de Cabanas e A Esculca consérvanse varios petróglifos. Hai restos de poboados castrexos, como o castro das Croas. Foron atopados diversos miliarios da vía XIX do itinerario de Antonino.
Formou concello de seu xunto coa parroquia de Lourizán.
En decembro de 1936, durante a guerra civil española, foron asasinados varios veciños da parroquia pola Garda Cívica de Pontevedra.
Patrimonio
Amais da igrexa parroquial, outros edificios relixiosos son a capela de san Brais e a capela de san Breixo. A orixe desta última non está ben definida, aínda que é o gótico o estilo que predomina na parte máis antiga. O resto é do século XVIII.
O pazo do arcebispo Malvar, chamado Pazo da Carballeira de Gandarón, acolle na actualidade a sede da Misión Biolóxica de Galicia, dedicada á investigación científica e especializada no millo.
As festas máis importantes que se celebran nesta parroquia son o San Martiño, patrón da mesma, o 11 de novembro e Santa Rita, o 22 de maio.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA