domingo, 6 de abril de 2025

IGREXA DE SANTA MARÍA DE ARDÁN - O IGREXARIO - ARDÁN - MARÍN

IGREXA DE SANTA MARÍA DE ARDÁN

O IGREXARIO

ARDÁN

MARÍN

 Ardán
     Santa María de Ardán é unha parroquia que se localiza no concello de Marín.

      Segundo o IGE en 2014 tiña 1591 habitantes (761 homes e 830 mulleres), 114 menos ca en 2004 (871 mulleres e 834 homes) e 176 menos ca en 1999.

Lugares de Ardán
       Cabodevila, Casás, O Igrexario, Malvido, Moledo, Pastoriza, O Pazo, Os Picotes, A Tioira, Vilaseca, Xermade, Xuncal

Comarca do Morrazo
       A comarca do Morrazo, é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. 

         Pertencen a ela os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. 

      Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.

      É a comarca máis pequena de Galicia (140,64 km², o 0,48% de Galicia). Tiña 82 439 habitantes no 2021, sendo a terceira comarca máis densamente poboada da comunidade (584,66 hab/km²).

      É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico.

     A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa). 

     Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo. 

      Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.

      O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e 

      Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino. Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DO PESO E DOS DURAN - RÍO XABRIÑA - PARAÑOS - COVELO

 MUIÑO DO PESO E DOS DURÁN

RÍO XABRIÑA

PARAÑOS

COVELO

 Paraños
     Está situada a ámbolos dous lados da Nacional -120 e nela atópase o acceso á autovía Rías Baixas .

     Tamén se atopa o acceso principal por estrada ao resto do municipio.

     Podemos atopar diversas manifestacións do patrimonio artístico e etnográfico: O cruceiro, petos de ánimas , un pombal circular, a igrexa do século XVIII, diversos hórreos realizados integramente en pedra e restos de útiles e lugares usados polos cereiros , son algunhas delas.

      Recentemente foi rehabilitada unha antiga casa de labranza para construír a casa de cultura onde se realizan diversas actividades ao longo do ano e funcionando ademais como axencia de lectura.

     Para a práctica deportiva disponse dun campo de fútbol e unha pista de usos múltiples.

     Os seus barrios e lugares son: Os Condes, Cotarel , Ás Laxas, A Margarida , Ás Medelas , Moeiros , Picoto , Portocortiñas , O Quinteiro , O Roupeiro .

Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

     A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.

     Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

MAPA

 

 Fuente: Concello de Covelo

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 5 de abril de 2025

PETO DE FATIMA - SANTA BAIA - LOUGARES - MONDARIZ

 PETO DE FATIMA

SANTA BAIA

LOUGARES

MONDARIZ

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...   

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA



CRUCEIRO DA BARCA - O PAZO - GOIÁN - TOMIÑO

CRUCEIRO DA BARCA

O PAZO

GOIÁN

TOMIÑO

      Cruceiro dun só chanzo cuadrangular. Sobre éste repousa o pedestal cuadrado coas aresta rebaixadas e no que figura o ano de construción: 1557. 

      O varal é dunha soa peza cilíndrica que remata nun capitel con forma de bóla. 

        A cruz é cilíndrica e posúe un Cristo na cruz cunha cartela co INRI.


       O conxunto atópase nun rebaixe do terreo enmarcado con pedras.

      Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

       Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.

 

       Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”. 

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA



IGREXA DE SANTA MARÍA DE QUINS - QUINS - MELÓN

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE QUINS

QUINS

MELÓN

 Quins
     Santa María de Quins é unha parroquia do concello de Melón, na provincia de Ourense. 

     Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 876 habitantes (415 homes e 461 mulleres), o que supón un aumento en 12 habitantes en relación ao ano anterior.

      A parroquia está atravesada pola estrada N-120, que comunica Vigo e Ourense.

Lugares de Quins 
     Barcia, O Casal, Codesás, Covelo, A Eirexa, A Ibia, Moces, Negrelle, Portalaxe, Portodechán, Quins, A Serra, Vilaverde, Vivenzo

Melón
     Melón é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. 

       Segundo o padrón municipal (IGE) tiña en 2016 1 280 habitantes, dos que 667 son mulleres e 613 homes, nun descenso continuado de poboación desde 2012, cando tiña 1 479 habitantes.

Xeografía
     O concello ten 53,2 km². Limita ao norte cos concellos de Avión e Carballeda de Avia, ao sur co da Cañiza (da provincia de Pontevedra), ao oeste con A Arnoia e Ribadavia e ao oeste con Covelo (tamén da provincia de Pontevedra). 

        Polo concello pasa a autovía A-52 que une Vigo e Ourense.

Historia
     A historia desta terra está fortemente vencellada ao da mosteiro de Melón, fundado en 1158 por monxes da orde do Císter chegados de Clairvaux comandados polo abade Giraldo.

     Entre o patrimonio arquitectónico, amais das ruínas do mosteiro (declarado Monumento Histórico-Artístico en 1931), destaca a igrexa parroquial de Quins (finais do século XVI, pertencente á orde do Císter) e o peto de ánimas de Codesás, construído en 1856 e de gran devoción popular. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA