CRUCEIRO DE SAN SALVADOR
MACEIRA
COVELO
Maceira
San Salvador de Maceira é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta.
Segundo o IGE en 2011 tiña 414 habitantes (204 mulleres e 210 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 570 habitantes.
Historia
Os primeiros poboadores de Maceira pertencen á Prehistoria, así o documentan os castros celtas (hoxe catalogados, mais moi deteriorados), petróglifos, dolmens, etc.
Información
A parroquia atópase a 5 quilómetros da capital do concello. A 558 metros de altitude áchase un xacemento castrexo sen levantar e diversas manifestacións de arte rupestre en forma de petróglifos.
A 680 metros atópase a capela da Virxe da Guía, situada no monte da Guía de Maceira e onde se pode apreciar unha panorámica do val do Tea.
É salientábel a praia fluvial de Maceira cunha ocupación moi alta durante todo o verán. Preto áchase un cámping de montaña.
Sobresae tamén o serradoiro hidráulico dos Carranos que funciona exclusivamente por forza da auga e é unha manifestación única do patrimonio etnográfico da zona.
Este serradoiro está catalogado como un Ben de Interese Cultural de Galicia e atópase completamente restaurado para poder ser visitado.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA