domingo, 9 de marzo de 2025

PETO-FORNELA DE SAN ALBERTE - RÚA CRUCEIRO DE CRUCES - PALMEIRA - RIBEIRA

 PETO-FORNELA DE SAN ALBERTE

RÚA CRUCEIRO DE CRUCES

PALMEIRA

RIBEIRA

Palmeira
      San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ribeira.

     Segundo o IGE en 2018 tiña 2.600 habitantes (1.311 mulleres e 1.289 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.905 habitantes.

      No lugar de Figueirido está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade de bronce.

Xentilicio
      Esta parroquia posúe un xentilicio, completamente consolidado e atestado, que é palmeirán. 

       Ademais, os habitantes de Palmeira recibiron historicamente o pseudoxentilicio de maghorrentos, procedente da palabra maga, que significa "tripa de polbo ou de peixe, especialmente de sardiña machucada que se emprega como engado para a pesca", se cadra relacionado con que non eran poucos os palmeiráns que antigamente andaban entre as magas ou tripas de polbo e peixes. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SAN XOÁN DE OREGA - OREGA - LEIRO

 IGREXA DE SAN XOÁN DE OREGA

OREGA

LEIRO

Orega
       San Xoán de Orega é unha parroquia do concello de Leiro, na provincia de Ourense. 

     No ano 2007 tiña 134 habitantes, deles 73 eran homes e 61 eran mulleres, isto supón unha perda de habitantes en relación ao ano 2002.

Lugares de Orega
     As Cortes, Orega, O Outeiro

Leiro
      Leiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. 

     Segundo o Padrón municipal, en 2022 tiña unha poboación de 1.522 habitantes. Isto representa unha diminución constante respecto ós anos anteriores.

Historia
       Xa no século VI existía nestas terras unha próspera comunidade agrícola. En 928 os condes Álvaro e Savita fundaron o mosteiro de San Clodio, cedido á Orde de San Bieito xunto con gando e terras nas marxes do río Avia. No século XIII incorporouse á Orde do Císter, época de máximo esplendor. No século XIX foi desocupado coa desamortización de Mendizábal.

      Outras terras do concello foron administradas por Berán, Lamas, Serantes e Orega, condes de Ribadavia, e as terras de Gomariz pertencían ao mosteiro de Sobrado dos Monxes.

Patrimonio
      No concello atópase o mosteiro de San Clodio, do século VI, que na actualidade funciona como hotel-monumento de catro estrelas.


      A arquitectura románica aparece nas igrexas parroquiais de Santa María de Lamas, San Tomé de Serantes (cun baldaquino gótico no seu interior), Gomariz e Lebosende (con fachada gótica do século XVI). A igrexa de San Breixo de Berán é barroca, do século XVIII, con restos renacentistas e un escudo dos Sarmiento na fachada. A capela de San Pedro, en Leiro, é de mediados do século XVII.

Patrimonio natural
      Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, con formacións rochosas senlleiras e un importante patrimonio natural. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 8 de marzo de 2025

AS SALINAS DO SEIXAL - O MUIÑO - CAMPOSANCOS - A GUARDA

 AS SALINAS DO SEIXAL

O MUIÑO

CAMPOSANCOS

A GUARDA

     O que podemos ver neste lugar son os restos moi ben conservados dunha salina de época romana que funcionan mediante a evaporación solar.

      A salina que se describe nesta ficha foi escavado no ano 2019. 

      Os traballos arqueolóxicos se realizaron nunha extensión de 52 m2,e diferentes sondeos na contorna.

     Os restos falan dun complexo salineiro de gran extensión para a produción de salazón de pescado.

      Segundo os arqueólogos: “as estruturas localizadas constan de dez tanques de cristalización localizados, situados de forma escalo nada, con enlousado de pedra y muretes separadores levantados con lousas.

      Localizouse un sistema de canles que abre zonas de paso para o aceso a distintas áreas da salina. 

       Apareceron tamén restos de material romano e castrexo, como unha pedra para moer e cerámica. 

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

MUIÑO DO CEBOLO E DO LUIS - PORREIRAS - PAREDES DE COURA

 MUIÑO DO CEBOLO E DO LUIS

PORREIRAS

PAREDES DE COURA

   Porreiras
      Porreiras e unha fregresia portuguesa do municipio de Paredes de Coura, distrito de Viana do Castelo.

Historia
      Foi  suprimida o 28 de xaneiro do 2013, en aplicación de unha resolución de la Asamblea da República portuguesa promulgada o 16 de xaneiro do 2013 o unirse coa fregresia de Insalde, formando a nova freguesia de Insalde e Porreiras.

Paredes de Coura
      Paredes de Coura é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 1 500 habitantes.

    É sede dun municipio con 138,02 km² de área e 9 571 habitantes (2001), subdividido en 16 freguesías.

      O municipio está limitado ao norte polos municipios de Valença e Monção, ao leste por Arcos de Valdevez, ao sur por Ponte de Lima e ao oeste por Vila Nova de Cerveira.

     O punto máis elevado do municipio sitúase no Corno do Bico, con 883 metros de altitude, na área protexida do mesmo nome.

Freguesías
     Dende a reorganización administrativa de 2012/2013, o municipio de Paredes de Coura está composto por 16 freguesías:
    Aqualonga
    Bico e Cristelo
    Castanheira
    Cossourado e Linhares
    Coura
    Cunha
    Formariz e Ferreira
    Infesta
    Insalde e Porreiras
    Mozelos
    Padornelo
    Parada
    Paredes de Coura e Resende
    Romarigães
    Rubiães
    Vascões

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SAN XOÁN DE COIRAS - COIRAS - PIÑOR

 IGREXA DE SAN XOÁN DE COIRAS

COIRAS

PIÑOR

Coiras
       San Xoán de Coiras é unha parroquia do concello de Piñor na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     Segundo o IGE en 2014 tiña 128 habitantes (65 homes e 63 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 216 habitantes.

Lugares de Coiras
      Alén, Cales, Carballediña, Casmoniño, Coiras, Fontao, O Outeiro, A Pallota, O Pazo, Portela de Baixo, Portela de Riba, Sestos

Piñor
     Piñor é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. 

      Segundo o IGE en 2014 tiña 1237 habitantes. O seu xentilicio é «piñorense».

Patrimonio
     Entre o patrimonio relixioso do concello, cabe salientar a igrexa parroquial de San Mamede da Canda. É unha sinxela igrexa de nave única con fachada coa porta adintelada con pilastras aos lados que sosteñen un frontón triangular cuxas puntas non chegan a unirse. O exterior da cabeceira da igrexa está decorado por un magnífico crucificado, procedente dun cruceiro. 

     No seu interior hai unha cuberta de madeira e unha pequena capela documentada no ano 1668 a cal se accede por un marco de medio punto no que está labrado o escudo dos señores do pazo de Reda, os donos da capela. A igrexa conta con diversos retablos barrocos, entre os que destaca a Virxe da Asunción, e con diferentes obxectos de prata, como unha cruz parroquial e un copón do Renacemento. 

       De magnífica cantería, cóbrese por bóveda con contrafortes angulares. Ten unha pequena xanela, a modo de bufarda en derramo.

     Dentro do patrimonio civil, cabe salientar o local da asociación dos veciños de San Mamede, inaugurado no ano 1931 e actualmente rehabilitado. Este edificio consta de dous andares de forma rectangular. A fachada principal ten como elemento dinamizador un balcón en saínte cunha varanda metálica. Os balcóns e portas son de forxa e teñen motivos decorativos vexetais.

       Inda que hai unha placa no local coa inscrición «Propiedad de la sociedad cultural Hijos de la Parroquia de San Mamed de la Canda en Buenos Aires». foron os veciños os que construíron o edificio. 

      Na planta baixa situábase a vivenda do mestre e no primeiro andar estaban as dúas aulas, para nenos e nenas, onde se impartían as clases lectivas. No exterior existía un terreo que era usado como horta, onde os alumnos facían prácticas agrícolas.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

MENHIR DA PICOTA OU DO ABELLÓN - CAMPOSANCOS - A GUARDA

 MENHIR DA PICOTA OU ABELLÓN

CAMPOSANCOS

A GUARDA

 Pedrafita-menhir do Marco

     Tamén é coñecida como pedrafita da Picota ou pedra do Abellón.

     Fai e fixo de marco de termo entre as parroquias de A Guarda e Camposancos.

      Aínda que hoxe non está no seu lugar orixinal -foi trasladada uns metros- sabemos que á súa beira transitaba o vello Camiño Real, camiño costeiro, camiño do mar... mesmo ao pé do impoñente Castro de Santa Trega.

     O nome da Picota ten que ver co axustizamento de reos, cuxas cabezas quedaban penduradas no marco.

     A pedrafita aparece moi erosionada, precisamente debido aos fortes ventos marinos que a acompañan continuamente.

     Debido a esto case xa non se aprecian as moitas cazoliñas que cubrían a súa faciana. 

      Aínda que antiguamente foi moito máis alta, na actualidade acada máis de dous metros.

MAPA

 

Fuente: http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com/

XOAN ARCO DA VELLA