IGREXA DE SAN XOÁN DE COIRAS
COIRAS
PIÑOR
Coiras
San Xoán de Coiras é unha parroquia do concello de Piñor na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
Segundo o IGE en 2014 tiña 128 habitantes (65 homes e 63 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 216 habitantes.
Lugares de Coiras
Alén, Cales, Carballediña, Casmoniño, Coiras, Fontao, O Outeiro, A Pallota, O Pazo, Portela de Baixo, Portela de Riba, Sestos
Piñor
Piñor é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño.
Segundo o IGE en 2014 tiña 1237 habitantes. O seu xentilicio é «piñorense».
Patrimonio
Entre o patrimonio relixioso do concello, cabe salientar a igrexa parroquial de San Mamede da Canda. É unha sinxela igrexa de nave única con fachada coa porta adintelada con pilastras aos lados que sosteñen un frontón triangular cuxas puntas non chegan a unirse. O exterior da cabeceira da igrexa está decorado por un magnífico crucificado, procedente dun cruceiro.
No seu interior hai unha cuberta de madeira e unha pequena capela documentada no ano 1668 a cal se accede por un marco de medio punto no que está labrado o escudo dos señores do pazo de Reda, os donos da capela. A igrexa conta con diversos retablos barrocos, entre os que destaca a Virxe da Asunción, e con diferentes obxectos de prata, como unha cruz parroquial e un copón do Renacemento.
De magnífica cantería, cóbrese por bóveda con contrafortes angulares. Ten unha pequena xanela, a modo de bufarda en derramo.
Dentro do patrimonio civil, cabe salientar o local da asociación dos veciños de San Mamede, inaugurado no ano 1931 e actualmente rehabilitado. Este edificio consta de dous andares de forma rectangular. A fachada principal ten como elemento dinamizador un balcón en saínte cunha varanda metálica. Os balcóns e portas son de forxa e teñen motivos decorativos vexetais.
Inda que hai unha placa no local coa inscrición «Propiedad de la sociedad cultural Hijos de la Parroquia de San Mamed de la Canda en Buenos Aires». foron os veciños os que construíron o edificio.
Na planta baixa situábase a vivenda do mestre e no primeiro andar estaban as dúas aulas, para nenos e nenas, onde se impartían as clases lectivas. No exterior existía un terreo que era usado como horta, onde os alumnos facían prácticas agrícolas.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA