lunes, 3 de febrero de 2025

PETO DA RÚA DO PASSAL - NEIVA - VIANA DO CASTELO

 PETO DA RÚA DO PASSAL

NEIVA

VIANA DO CASTELO

    Peto de ánimas
     Os petos de ánimas atópanse en camiños e encrucilladas de toda Galicia e son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción polas ánimas. Tódolos construídos con anterioridade a 1901 son bens de interese cultural.

Significado
     O seu significado vén da crenza na continuidade da alma despois da morte e da existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde se redimen os pecados e faltas cometidas en vida (o purgatorio), moi arraigada na mentalidade popular galega.

     Dentro das construcións populares, os petos de ánimas son os que evidencian a importancia do purgatorio. A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo.

     Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de se asegurar a propia.

     Moitos deles foron construídos pola devoción dun fregués ou polos veciños dun lugar. Son moi curiosas as advertencias que se fan no seu nome.

     Por exemplo, no de Famelga de Aguasantas (Cerdedo-Cotobade) lese textualmente: "Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás...". Tamén se invita a recordar os antepasados: "Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos". E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: "Rogade por nos, Señor, E socorrenos cos vosos sufraxios que nos pediremos por vos".

Orixe
     As almas do purgatorio que son a meirande devoción galega, despois dos santos, de Cristo e da Nai; e, aínda que o culto teña a súa raizame no cerne mesmo do espírito galego, as mostras que se conservan son serodias.

     A idea do purgatorio, aumentada e revitalizada a partir do Concilio de Trento (século XVI), fixo que se desenvolvese a práctica da construción destes monumentos populares cunha determinada iconografía. Pero segundo parece, en Galicia é no século XVIII cando se fan a maior parte destes monumentos dedicados ás ánimas; e os máis antigos conservados corresponden ao século XVII.

Localización e dimensións
     As encrucilladas aínda inspiran temor aos naturais do país, e a súa causa está en que pervive nas crenzas actuais consideralas como lugar que fora destinado ao enterramento, especialmente dos apartados da comunidade cristiá. De aí a crenza de que polas mesmas vaguen durante a noite as almas dos condenados.

     Tanto a súa dimensión como iconografía son variadas, polo que é difícil establecer unha morfoloxía xeral, aínda que si se pode indicar que o corpo central do peto está composto por unha cavidade na que normalmente se representa ás ánimas no purgatorio, en relevo ou pintura, e un peto ou hucha para botar as esmolas. Estes elementos veñen a maioría das veces acompañados doutros secundarios: cornixas, pilastras, portiña de ferro etc.

O culto aos petos de ánimas
     Tamén é habitual que, ao pasar por diante do peto, se rece unha oración polas benditas ánimas para que poidan saír do purgatorio.

     Tamén se lles agradece algún favor feito, porque acostuman a axudar aos vivos.

     Pídeselles axuda para solucionar algún problema e colócanselles flores no seu recordo.

     Ás ánimas, sobre todo, ténselles respecto.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

IGREXA DE SANTA MARÍA DE CARBALLEDA - CARBALLEDA - PIÑOR

IGREXA DE SANTA MARÍA

 CARBALLEDA

PIÑOR

Carballeda

     Santa María de Carballeda)​ é unha parroquia e un lugar​ do municipio español de Piñor, na provincia de Ourense, Galicia.

A parroquia está formada por nove entidades de poboación:
    A Ponte
    Canices
    Carballeda
    Casarellos
    Córneas
    Derramada (A Derramada)
    Moire
    O Reino
    Pereira

Piñor
     Piñor é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño.

     Segundo o IGE en 2014 tiña 1237 habitantes. O seu xentilicio é «piñorense».

 Parroquias de Piñor    
     Barrán (San Xoán), A Canda (San Mamede), Carballeda (Santa María), Coiras (San Xoán), A Corna (Santa María do Desterro), Loeda (San Paio), Torcela (Santiago)

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.

     Toma o nome da súa vila principal.

       Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SANTA MARÍA DO DESTERRO - A CORNA - PIÑOR

IGREXA DE SANTA MARÍA DO DESTERRO

A CORNA

PIÑOR

 A Corna
     Santa María do Desterro da Corna é unha parroquia do concello de Piñor na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 

      Segundo o IGE en 2014 tiña 107 habitantes (56 homes e 51 mulleres), 56 menos ca en 1999.

       No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1847) aparece citada como "Destierro ó Corna" . Por entón tiña 80 vivendas, con 400 habitantes.

Lugares da parroquia da Corna.
      Os Asneiros, Barreiros, A Corna, A Devesa, As Fontes, Marañís, Paredes, Sobrado

Piñor
     Piñor é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño.

     Segundo o IGE en 2014 tiña 1237 habitantes. O seu xentilicio é «piñorense».

 Parroquias de Piñor    
     Barrán (San Xoán), A Canda (San Mamede), Carballeda (Santa María), Coiras (San Xoán), A Corna (Santa María do Desterro), Loeda (San Paio), Torcela (Santiago)

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. 

     Toma o nome da súa vila principal. 

       Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DO ALTO DA CORONACIÓN - A FRANQUEIRA - A CAÑIZA

CRUCEIRO DO ALTO DA CORONACIÓN

A FRANQUEIRA

A CAÑIZA

     Cruceiro situado baixo unha estrutura a xeito de baldaquino.

     O cruceiro, de recente factura (ano 2011), nace sobre un chanzo cadrado coas arestas rebaixadas.

     A súa base, co mesmo formato, posúe unha inscrición co nome do construtor e a data de feitura.

     O seu varal comeza en sección cadrada para seguir en octogonal.

       Na súa parte media vemos unha imaxe da Virxe co Neno no colo.

      O capitel, decorado con follas e volutas, soporta unha cruz de sección cilíndrica na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe coas mans entrelazadas sobre peaña no reverso.

      O baldaquino está feito a base de cadeirado granítico.

       Nos seus catro lados podemos ver arcos de medio punto. 

     O conxunto remata nunha cuberta con forma de cúpula e cruz pétrea no cume.

     Esta construción, do ano 1953, se realizou co gallo da coroación da imaxe da Franqueira segundo reza unha placa de mármore.  

 

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SAN XOÁN BAUTISTA - REBOREDA - VILA NOVA DE CERVEIRA

 IGREXA DE SAN XOÁN BAUTISTA

REBOREDA

VILA NOVA DE CERVEIRA

 Reboreda
      Reboreda er unha fregresia portuguesa do municipio de Vila Nova de Cerveira, distrito de Viana do Castelo.

Historia
      Foi suprimida o 28 de xaneiro de 2013, en aplicación de unha resolución da Asamblea da República portuguesa promulgada o 16 de xaneiro de 2013 o fusionarse coa fregresia de Nogueira, formando a nova fregresia de Reboreda e Nogueira.

Reboreda e Nogueira
     Reboreda e Nogueira (chamada oficialmente União dás Freguesias de Reboreda e Nogueira) é unha freguesia portuguesa do municipio de Vila Nova de Cerveira, distrito de Viana do Castelo.

Historia
     Foi creada o 28 de xaneiro de 2013 en aplicación dunha resolución da Asemblea da República de Portugal promulgada o 16 de xaneiro de 2013 coa unión das freguesias de Nogueira e Reboreda, pasando a súa sede para estar situada na antiga freguesia de Reboreda

Economía
      En Nogueira, menos poboada, a actividade económica principal está enfocada no sector agropecuario.

         En Reboreda tamén é destacable o sector primario, ademais do hostaleiro e da pequena industria.

       A construción civil é, así mesmo, unha actividade económica con certa importancia na freguesia.

Patrimonio
     Destaca a igrexa parroquial de San Juan Bautista de Reboreda, de estilo románico, así como a Torre de Penafiel de Reboreda, unha torre residencial de planta cadrada que data do século XVII, hoxe restaurada e de propiedade privada.

     Completan o patrimonio relixioso da freguesia a igrexa parroquial de Nogueira (igrexa de São Tiago), e dúas capelas.​

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA