domingo, 13 de abril de 2025

EIRA DA CERA OU CURADOIRO DAS BRASILEIRAS

 EIRA DA CERA DAS BRASILEIRAS

A LAMOSA

COVELO

 Curadoiros ou Eira da cera
      Os curadoiros ou eiras da cera son espazos arquitectónicos ao aire libre, cubertos con lousas de pedra e que adoitan formas diversas, podendo estar a rentes do chan ou elevados.

      Normalmente están orientados cara ao sur, sen ningún obstáculo que produza sombra para favorecer o mellor aproveitamento da insolación.

       Son estruturas rectangulares, compostas por grandes lousas de granito, traballadas pola cara visíbel cunha leve inclinación.

       Conforman un empedrado perfecto e moi ben traballado que remata en todo o seu perímetro, nunha sorte de bordo feito en pedra elevado sobre a superficie da eira.

      Estes curadoiros poden chegar a ter unha superficie de 132 m2.

       Usábanse para branquear a cera ao sol (que era estendida sobre a súa superficie durante varios días).

      Con este proceso conseguíase que o efecto fotoquímico da radiación solar tornase a cera amarela en branca (chamada popularmente “cera esperma”).

VIDEO

MAPA

 

 Fuente: Web montesparanhos.com

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 12 de abril de 2025

IGREXA DE SAN MIGUEL DE ROSENDE - ROSENDE - SOBER

 IGREXA DE SAN MIGUEL DE ROSENDE

ROSENDE

SOBER

 Rosende
      San Miguel de Rosende é unha parroquia do concello de Sober, na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. 

      Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 105 habitantes.

       Atópase a 3 km ao oeste da vila de Sober, a uns 673 m de altura, na beira esquerda do río Cabe.

Xentilicio
       O seu xentilicio é rosendino.

Economía
        O sector primario, dedicado á gandaría bovina criada para consumo e a cría porcina, xunto coa agricultura orientada ao cultivo da vide, son as fontes de ocupación da poboación. En Rosende hai unha adega destinada a elaborar viños mencía e godello, incluídos no consello da denominación de Orixe Ribeira Sacra e clasificados na subzona regulada da ribeira do Miño.

         Outras actividades do sector dos servizos están asociadas á Escola de Hostelería da Fundación Belarmino Fernández, no pazo de Ribas, ou á Casa Grande de Rosende, establecemento de turismo rural integrado na rede Pazos de Galicia.

Patrimonio
       A igrexa parroquial foi reconstruída en diversas ocasións. O edificio orixinal pertencía ao mosteiro de San Miguel de Rosende, da orde de San Bieito e existente polo menos desde 1246, dependente como priorado do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Do primitivo edificio consérvanse restos románicos decorativos na torre campanario, mentres que o anexo do antigo priorado presenta unha balconada de estilo señorial. No interior gárdase un interesante retablo maior de estilo rococó con dúas alturas.

      A casa grande de Rosende, tamén coñecida A Casa das Señoritas, é un pazo que data do ano 1511. 

     Foi rehabilitada a finais do século XX e na actualidade funciona como casa de turismo rural. De sobria fachada destaca a súa torre, a solaina que da cara a un patio traseiro e o seu coidado interior.

      As festas patronais celébranse o último sábado de setembro. Tamén son populares as festas da Virxe do Carme. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA


CRUCEIRO DE SAN ROQUE - PRAZA DE SAN ROQUE - SALCIDOS - A GUARDA

 CRUCEIRO DE SAN ROQUE

PRAZA DE SAN ROQUE

SALCIDOS

A GUARDA

     Este cruceiro do século XVIII consta dun so chanzo no que repousa unha base de forma cadrada. 

     Posúe un fuste cilíndrico estriado. 

     O capitel de estilo corintio da paso a unha cruz cilíndrica na que podemos ver no seu anverso a figura do Cristo crucificado, de pequenas dimensións cunha cartela de INRI na súa parte alta; e no seu reverso, a figura da Virxe cun gran manto que lle chega aos pés.

       O conxunto atópase rodeado cun enreixado de ferro.

     Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

     Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.

     Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”. 

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

 

viernes, 11 de abril de 2025

IGREXA DE SANTA MARÍA DE SOUTOLONGO - SOUTOLONGO - LALÍN

 IGREXA DE SANTA MARÍA

SOUTOGONGO

LALÍN

Soutolongo (Santa María)
     Nesta igrexa atopamos unha moi interesante variedade de estilos arquitectónicos.

     Chama a atención a fachada, na que consta o ano 1798 como data da construción, rematada por un impoñente campanario de mediados do século XIX. 

     Pero podemos observar elementos góticos, moi escasos en Galicia, e incluso románicos.

      No interior, poden apreciarse bóvedas de crucería e arcos conopeos que sitúan a igrexa no gótico tardío.

      As referencias artísticas á Orden de Malta - da que Soutolongo foi Priorato - tanto escultóricas como pictóricas, son constantes.

     Esta igrexa atesoura pinturas murais datadas entre 1567 e 1589.

     Outro elemento excepcional é o sagrario pétreo, descuberto xunto con algunhas das pinturas cando se retirou o retablo barroco para a súa restauración.

     Varios arcosolios con estatuas xacentes do s. XV, completan un conxunto moi rico e variado.

     Preto da igrexa están o Pazo de Des e o Pazo dos Infanzóns, ambos propiedade privada.

MAPA

 

 Fuente: Concello de Lalín

XOAN ARCO DA VELLA

 


 

CAPELA DE SAN XOSÉ DE REDONDO - REDONDO - BARCIA DE MERA - COVELO

 CAPELA DE SAN XOSÉ DE REDONDO

REDONDO

BARCIA DE MERA 

COVELO

Redondo
      Redondo é un lugar da parroquia de Barcia de Mera, no concello pontevedrés de Covelo, na comarca da Paradanta. 

     Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2021 tiña 36 habitantes, dos cales 15 eran homes e 21 eran mulleres.

Barcia de Mera
     San Martiño de Barcia de Mera é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta. 

     Segundo o IGE en 2014 tiña 360 habitantes (169 homes e 191 mulleres), 157 menos ca en 2004 e 247 menos ca en 1999. É unha das parroquias con máis habitantes do concello.

Información
      O río Alén sepáraa do concello limítrofe de Mondariz.

       O lugar de San Xoán do Mosteiro debe ao seu nome a un antigo mosteiro xa desaparecido, onde probablemente estivo a primitiva igrexa ou capela parroquial até que foi trasladada ao lugar actual. Nese lugar consérvase unha capela construída pola Santa Inquisición e unha ponte medieval ben conservada. 

     Atravesa o lugar un camiño a carón do cal está a Fonte Santa, de augas moi apreciadas que manteñen a mesma temperatura ao longo das estacións.

       Destaca o conxunto abacial de San Martiño de Barcia de Mera, a igrexa e casa reitoral de estilo barroco onde esta última ten influencia de culturas precolombianas. Recentemente realizouse unha rehabilitación parcial da igrexa.

       Na gastronomía son salientábeis os seus viños, igual que a veciña parroquia de Casteláns, que sobresaen polo seu sabor a froita coas características propias do condado.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

CRUCEIRO DE SANTA MARIÑA - SANTA CRUZ - SANTA MARIÑA - COVELO

 CRUCEIRO DE SANTA MARIÑA

SANTA CRUZ

SANTA MARIÑA

COVELO

     O cruceiro das ánimas conta cunhas curiosas figuras no seu varal que representan a salvación das mesmas.

     Na parte inferior atópanse as condeadas e sobre as mesmas nunha pequena barca a representación das que conseguen a súa salvación con Xesús cunha túnica recibíndoas.

     Na parte superior atópanse no capitel figuras de anxos e unha caveira sobre a escea da crucifixión de Cristo.

     Tamén un anxo aparece a carón portando o Santo Grial.

     Segundo se pode ver nun gravado no baseamento.

     A orixe do cruceiro podería ser do ano 1829 

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA