jueves, 9 de enero de 2025

PETO DE PONTE MANTELAES - FORMARIZ - PAREDES DE COURA

PETO DE PONTE MANTELAES

FORMARIZ

PAREDES DE COURA

    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.


     Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara o seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.

     En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE PEREIROS - CALZADA DE ENGUILDE - PAREDES DE COURA

PETO DE PEREIROS

CALZADA DE ENGUILDE

PAREDES DE COURA

    Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira).

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

ERMIDA DAS ANGUSTIAS - PONTE BELUSO - BEALO - BOIRO

 ERMIDA DAS ANGUSTIAS

PONTE BELUSO

BOIRO

     Edificación do século XVIII ou XIX feita a base de perpiaño irregular, con planta rectangular e cuberta a dúas augas.

     Na súa fachada principal podemos ver a porta de acceso alintelada. Sobre ela unha curiosa pedra cunha inscrición de difícil lectura.

     Tamén aparece outra inscrición coa data na que a igrexa foi trasladada ata o seu lugar orixinal: 1985.

     Un pouco máis arriba unha pequena fornela coa imaxe pétrea da patroa da ermida.

     Aos lados da porta aparecen dous relevos feitos en pedra.

     Unha delas representan ás benditas ánimas do Purgatorio, posiblemente sexa San Miguel que libra do Purgatorio á ánima do centro que a levanta polos pelos; no outro a Virxe Dolorosa co Cristo sobre o seu colo. Estos relevos datan do século XVIII.

       O conxunto remata cunha espadana dun só oco con cruz de ferro no cume.

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 8 de enero de 2025

CAPELA DE SANTA ISABEL - A VENTELA - OSEIRA - SAN CRISTOVO DE CEA

CAPELA DE SANTA ISABEL

A VENTELA

OSEIRA

SAN CRISTOVO DE CEA

A Ventela
      A Ventela é un lugar da parroquia de Oseira, no concello ourensán de San Cristovo de Cea, na comarca do Carballiño.

      Segundo o IGE, en 2022 tiña 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres).

Oseira
      Santa María a Real de Oseira é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

      No ano 2011 tiña 389 habitantes, deles 204 eran homes e 185 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 547 habitantes.

Xeografía
     É a parroquia máis extensa do municipio de San Cristovo de Cea, ocupa aproximadamente un cuarto da totalidade do concello.

      Coñecida polo Mosteiro Cisterciense de Oseira que en épocas anteriores foi algo así como o centro neurálxico de toda a comarca do Carballiño.

Cultura
     ToponimiaOseira (do latín ossum, "lugar onde hai osos"), o nome provén de "ursaria", terra onde habitan osos, pois era frecuente poder ver este tipo de animais pola zona.

     En galego antigo escrito coma Osseira (Osseyra), posteriormente ás veces castelanizado coma Osera ou Ossera. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO PETO DE SAN BERNABE - VIVENZO - QUINS - MELÓN

 CRUCEIRO PETO DE SAN BERNABE

VIVENZO

QUINS

MELÓN

 Vivenzo
     Vivenzo é un lugar da parroquia de Quins no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro.

     Tiña 47 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 21 eran homes e 26 mulleres.

Quins
     Santa María de Quins é unha parroquia do concello de Melón, na provincia de Ourense.

     Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 876 habitantes (415 homes e 461 mulleres), o que supón un aumento en 12 habitantes en relación ao ano anterior.

      A parroquia está atravesada pola estrada N-120, que comunica Vigo e Ourense.

Lugares de Quins
     Barcia, O Casal, Codesás, Covelo, A Eirexa, A Ibia, Moces, Negrelle, Portalaxe, Portodechán, Quins, A Serra, Vilaverde, Vivenzo

Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

    A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

       

      Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 7 de enero de 2025

PETO DAS ALMIÑAS DE MONSERRATE - MONSERRATE - VIANA DO CASTELO

 PETO DAS ALMIÑAS DE MONSERRATE

MONSERRATE

VIANA DO CASTELO

 Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...   

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA