CRUCEIRO DO CEMITERIO
IGREXA DE SANTO ANDRÉ
FIGUEIRIDO
VILABOA
Figueirido
Santo André de Figueirido é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Vilaboa.
Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 770 habitantes (365 homes e 405 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación. É a parroquia menos poboada do concello.
Xeografía
Limita ao norte con Santa Comba de Bértola, ao suroeste con Vilaboa, ao leste coa Canicouva (Pontevedra), e ao noroeste con Salcedo (Pontevedra).
A parroquia está situada na Depresión Meridiana. Nela nace o río dos Gafos, que discorre cara ao norte.
O curso forma un val polo que pasa a vía portuguesa do Camiño de Santiago, percorrendo un tramo da antiga vía XIX do itinerario de Antonino.
Segundo o Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Madoz, na parroquia había un portádego no camiño de Pontevedra cara a Vigo e Tui.
Comunícase a través da estrada N-550, e pola autoestrada AP-9 (cunha estación de peaxe). Tamén pasa pola parroquia a vía de ferrocarril entre Pontevedra e Redondela.
Antigamente existía o apeadoiro de Figueirido, pero o desvío do corredor atlántico para a liña do Eixe atlántico de alta velocidade provocou a construción dun túnel na zona.
Patrimonio
A igrexa parroquial é barroca, do século XVII, se ben conserva parte da ábsida rectangular de estilo románico. Sobre o testeiro ten un agnus dei, e nun dos laterais ten unha seteira románica.
Ten planta rectangular, co presbiterio cuberto con bóveda de canón. Unha das pedras do muro sur ten gravado un dameiro.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA