lunes, 16 de diciembre de 2024

BON NADAL E FELIZ ANO 2025

 BON NADAL

FELIZ 2025

         Grazas por acompañarnos este ano, vos sodes o motivo que me impulsan a traballar cada día máis e si pode ser mellor, e seguir facendo mais cada día.

   Pero queria ter un detalle neste día tan especial con vos as seguidoras/es nas redes sociais e no blog ao longo deste tempo, darvos unha aperta a cada un de vos.

     Son feliz de contar coa vosa axuda e compañia.

       Quero agradecer tamen o tempo que me prestan as xentes do programa SEMPRE EN GALICIA RADIO CORNELLÁ e a plataforma dixital HI GALICIA por permitirme estar no seu equipo.

GRACIAS, MOITAS GRACIAS.. 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 10 de diciembre de 2024

ERMIDA DE SAN ANTÓN - LOURESES - AGUÍS - OS BLANCOS

 ERMIDA DE SAN ANTÓN

LOURESES

AGUÍS

OS BLANCOS

     Ubícase no lugar denominado O Santo, preto do cruceiro, o peto e a Cruz de San Antón.

     Realizada en perpiaño, consta dunha soa nave con cuberta de tella do país a catro augas.

     A fachada defínese cun  pórtico de seis columnas con basa e capitel con equino e ábaco.

     Na cara interior do pórtico hai un banco corrido e o espazo restante, sen ningún tipo de separación, destínase para uso relixioso.

     No lateral esquerdo, no paramento parece que existíu outro acceso hoxe macizado.

     Xusto enriba encóntrase a espadana de arco de medio punto con remate triangular agudo cunha cruz, que descansa sobre un pedestal rectangular de enorme desenrolo.

     Na cornixa do lateral esquerdo apréciase unha ruptura constructiva.

      Toda é igual agás na zona da espadana, que presenta peor acabado e sobresae da súa liña con respeto aos outros dous tramos.

     Todo isto leva a pensar que tanto a espadana como o paramento que ten xusto debaixo son posteriores, á propia ermida.

    Ten unha inscrición ilexilble no muro e outra na cornixa.

MAPA

 

 Fuente: Web altalimia

XOAN ARCO DA VELLA


CRUCEIRO NA CEBOLEIRA - ARCOS DA CONDESA - CALDAS DE REIS

 CRUCEIRO NA CEBOLEIRA

CEBOLEIRA

ARCOS DA CONDESA

CALDAS DE REIS

Ceboleira
     Ceboleira é un lugar da parroquia de Arcos da Condesa, no concello pontevedrés de Caldas de Reis na comarca de Caldas.

Arcos da Condesa
     Santa Mariña de Arcos da Condesa é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Caldas de Reis na comarca de Caldas, ademais dunha das nove entidades locais menores de Galiza. 

Segundo o padrón municipal en 2013 tiña 439 habitantes (214 homes e 225 mulleres), 15 máis ca en 2004 e 30 menos ca en 1999.

     Ten nove entidades de poboación.

      Debe o seu nome á condesa Munia, filla de Froila Vermúdez, que viviu no lugar de Marán.

      Durante o Antigo Réxime foi un couto, aínda que non chegou a ser concello propio no momento da configuración dos concellos constitucionais.

Lugares de Arcos da Condesa
     O Ameal, A Arosa, Badoucos, Ceboleira, Foxacos, Marán, Penalta, San Martiño, Valsordo

Comarca de Caldas

      A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. 

    Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.

MAPA 


XOAN ARCO DA VELLA 

lunes, 9 de diciembre de 2024

CAPELA DO CARMEN DE PORTO NADELA - QUEIRUGA - PORTO DO SON

 CAPELA DO CARMEN DE PORTO NADELA

QUEIRUGA

PORTO DO SON


     Ó carón do Porto Nadelas, acollida debaixo de unha das rochas sobre a que se encontra unha cruz, atópase a imaxe da Virxe do Carme, feita en granito.

     Neste santuario, cada 16 de Xullo, na parroquia de Queiruga, un grupo de devotas e devotos renden unha merecida homenaxe á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros.

     Grazas a participación da xente durante todo o día elabórase unha fermosa alfombra e demais decorado ao carón da Virxe.

     Os veciños soben a Santa a un barco, e en procesión dan unhas voltas, ó finalizar a misa tírase ó mar unha coroa de flores.

     Aparte deste día, o derradeiro día das festas do Verán o 26 deste mesmo mes, volverase a celebrar unha gran misa tamén na súa honra. 

      Rematando cunha gran sardiñada no campo da festa.

 Comarca de Noia
     A comarca de Noia é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Noia.

     Pertencen a esta comarca os concellos de Lousame, Noia, Outes e Porto do Son.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DE OUTEIRO - CELA - BUEU

CRUCEIRO DE OUTEIRO

OUTEIRO

CELA

BUEU

 Cela
       Santa María de Cela é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Bueu.

     Segundo o padrón municipal en 2013 tiña 1965 habitantes (985 homes e 980 mulleres), 37 menos ca en 1999. Ten 19 entidades de poboación.

Lugares de Cela
     Antepazo, O Beloso, O Burgo, A Cabreira, As Castiñáns, Castrelo, A Costiña, A Fonte Alta, Gándara, Igrexario, Murráns, Paradela, A Pena, Pousada, O Río, Sabarigo, O Souto, A Torre

Comarca do Morrazo
       A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. Pertencen a ela os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña.

     Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.

      É a comarca máis pequena de Galicia (140,64 km², o 0,48% de Galicia). Tiña 82 439 habitantes no 2021, sendo a terceira comarca máis densamente poboada da comunidade (584,66 hab/km²).

     É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico.

     A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa).

     Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo.

      Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.

      O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino.

      Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 8 de diciembre de 2024

CRUCEIRO DA IGREXA DE CELA - CELA - BUEU

 CRUCEIRO DA IGREXA DE CELA

CELA

BUEU

 Cela
       Santa María de Cela é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Bueu.

     Segundo o padrón municipal en 2013 tiña 1965 habitantes (985 homes e 980 mulleres), 37 menos ca en 1999. Ten 19 entidades de poboación.

Lugares de Cela
     Antepazo, O Beloso, O Burgo, A Cabreira, As Castiñáns, Castrelo, A Costiña, A Fonte Alta, Gándara, Igrexario, Murráns, Paradela, A Pena, Pousada, O Río, Sabarigo, O Souto, A Torre

Comarca do Morrazo
       A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

     Pertencen a ela os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña.

     Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.

      É a comarca máis pequena de Galicia (140,64 km², o 0,48% de Galicia). Tiña 82 439 habitantes no 2021, sendo a terceira comarca máis densamente poboada da comunidade (584,66 hab/km²).

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA