CALVARIO DE SANTA MARIÑA DA INSUA
A INSUA
PONTE CALDELAS
Calvario do ano 1791 que consta dunha cruz principal e dúas laterais, xunto cun pequeno repousadoiro. O conxunto se atopa ao carón do muro do adro da igrexa parroquial de Santa Mariña da Insua.
* A cruz central nace sobre dos chanzos. A súa base cúbica posúe as arestas rebaixadas. O varal comeza en sección cadrada e segue en sección cilíndrica con acanaladuras. O capitel tipo xónico posúe decoración de volutas e motivos vexetais.
Por último a cruz, de tipo leñosa con nós e de sección cilíndrica. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe con Cristo xacente nos seus brazos no reverso.
* A cruz da dereita nace sobre unha base cúbica de arestas rebaixadas. O seu varal comeza en sección cadrada e pasa pouco despois a octogonal e na que aparece un baixo relevo dunha cruz. O capitel moldurado da paso a unha cruz sen imaxes.
O seu capitel moldurado da paso a unha cruz de arestas rebaixadas na que aparecen a imaxe da Virxe cos brazos cruzados sobre o peito e apoiada sobre unha cabeza de anxo con ás.
* A cruz da esquerda nace sobre unha base cúbica na que podemos ver unha caveira nun dos seus lados. noutra das caras existe unha inscrición moi erosionada que aínda permite ler a seguinte lenda: “año D 1791”.
O varal comeza en sección cadrada e continúa en octogonal e na que aparece un baixo relevo dunha cruz.
O capitel moldurado da paso a unha cruz de sección cadrada e na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA