martes, 13 de agosto de 2024

CASAS SINGULARES EN A CRUZ - A CRUZ - ANLLO - SAN AMARO

 CASAS SINGULARES EN A CRUZ

A CRUZ

ANLLO

SAN AMARO

A Cruz

     A Cruz é un lugar da parroquia de Anllo no concello ourensán de San Amaro, na comarca do Carballiño.

     Segundo o IGE, en 2023 tiña 28 habitantes (12 homes e 16 mulleres).

Lugares de Anllo
     Anllo, A Casanova, A Caseta, A Cruz, O Hospicio, Outeirás, Pazos, Quinteiro, San Sebastián, Vilar

Anllo
     Santiago de Anllo é unha parroquia do concello de San Amaro na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     Segundo o IGE, en 2023 tiña 128 habitantes (61 homes e 67 mulleres).

San Amaro
      San Amaro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño.

      Segundo o IGE en 2017 tiña 1.112 habitantes (1.141 en 2016). O seu xentilicio é «amarense».

Comarca do Carballiño
     A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. 

     Toma o nome da súa vila principal. Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

lunes, 12 de agosto de 2024

IGREXA DE SAN MIGUEL DE VILASECO - VILASECO - SAN CRISTOVO DE CEA

 IGREXA DE SAN MIGUEL DE VILASECO

VILASECO

SAN CRISTOVO DE CEA

 Vilaseco
      San Miguel de Vilaseco é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

       En 2007 tiña 96 habitantes (47 homes e 49 mulleres), sete menos ca en 2006.

Lugares de Vilaseco
      A Ermida, O Val, Vilaseco

San Cristovo de Cea
      San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño.

      Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio é «ceés».

Xeografía
      O concello, de 93,9 km², abrangue 13 parroquias. Limita ao norte con Rodeiro (provincia de Pontevedra) e Carballedo (provincia de Lugo), ao sur con Maside, ao leste con Vilamarín e ao oeste con Amoeiro, Piñor e O Carballiño, do que o separa o río Arenteiro.

      O nordeste do concello é unha zona montañosa, rama sur da serra do Faro, cos picos da Martiñá (1.039 m) e Alledo (1.011 m). O municipio está atravesado polos ríos Mirela e Oseira (afluentes do Arenteiro) e polo río Barbantiños.

     Outros cursos menores son o Búbal, Silvaboa, Benito, O Texo ou o Ricovelo. A zona ten clima oceánico temperado nos vales e oceánico de montañas nas zonas altas.

      O termo municipal está comunicado a través da estrada N-525 e da AG-53.

Comarca do Carballiño
      A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal. 

        Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

 MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 11 de agosto de 2024

IGREXA DE SAN SALÑVADOR - A ARNOIA

 IGREXA DE SAN SALVADOR DE ARNOIA

A ARNOIA

 Igrexa de San Salvador

       Das construccións relixiosas destacaremos a igrexa parroquial de San Salvador, fundada no ano 1612, data que aparece grabada na fachada. O seu retablo, de construcción popular, é obra dun carpinteiro local.

       Destaca na igrexa unha fermosa ventá románica, ao parecer procedente da capela que existía anterior­mente no mesmo lugar. No interior dóus escudos de armas, un del dun familiar da Inquisición.

        Nas proximidades atópase a casa rectoral, antigo Priorato que dependía do mosterio de Celanova; ostenta as armas da abadía fundada por San Rosendo: a cruz,o compás e o espello.

        Continuando coa arquitectura relixiosa, conta o municipio con diversas capelas de distintas datacións, así temos: San Roque, ou San Vicente, século XVIII, Nª Sª da Asunción en Lapela; San Antonio en Remuiño; San Amaro no pobo do mesmo nome, séculos XII e XV, con bóveda de pedra no presbiterio de estilo románico. Neste mesmo lugar especúlase coa existencia dun antigo convento, e finalmente San Miguel, capela popular nun fermoso entorno poblado de vexetación na que abundan añosos carballos. Celébrase unha romería que convoca xentes de catro parroquias a primeiros de Maio.

A Arnoia
      A Arnoia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro.

        Segundo o IGE en 2016 tiña 1002 habitantes (1040 en 2014). O xentilicio é «arnoiao».

       Limita ao noroeste con Ribadavia, ao nordeste con Castrelo de Miño, ao leste con Cartelle, ao sueste con Gomesende e ao suroeste con Cortegada. Localízase na unión do río Arnoia, que divide o concello en dúas partes, co Miño.

           A zona nordeste do concello é a máis escarpada, onde se localiza o Coto de Novelle (712 m). Nela hai bosques de piñeiros e frondosas. O canón do río Arnoia é escarpado e con fervenzas.

         Ao sur do río, á altura da minicentral eléctrica, hai un gran bosque de sobreiras de máis de mil hectáreas no seu extremo suroriental estremando co concello de Cartelle. Ás veces chegan peladores furtivos portugueses a sacar a cortiza, xa que o aproveitamento local tradicional abandonouse hai anos.

         A zona suroeste, que forman os vales de Santo Amaro, San Vicente e Remuiño, ten unha altura media de só 80 m.

Patrimonio
      A igrexa parroquial de San Salvador foi construída en 1612, segundo se le nunha inscrición da fachada. O seu retablo, de construción popular, é obra dun carpinteiro local. Destaca unha fiestra románica, ao parecer procedente da capela que existía anterior­mente no mesmo lugar. No interior hai dous escudos de armas, un deles da Inquisición.

        A casa reitoral é o antigo priorado, que dependía do mosteiro de Celanova; ostenta as armas da abadía fundada por san Rosendo: a cruz, o compás e o espello.

      Hai varias capelas: a capela de San Roque data do século XVIII. A capela da Nosa Señora da Asunción, en Lapela. A capela de Santo Antón, en Remuiño. A capela de San Amaro data dos séculos XII e XV, con bóveda de pedra no presbiterio de estilo románico. Na capela de San Miguel celébrase unha romería a primeiros de maio.

      Hai cruceiros no adro da parroquia, en Pumar (do século XVIII) e en San Roque (do século XIX). Hai petos de ánimas en Porqueira, San Amaro e Reza.

       A torre do Reloxo foi inaugurada o 17 de agosto de 1945. É unha torre de granito de máis de 14 m de altura. Situada preto da capela de San Roque, foi realizada polo canteiro de Remuíño Manuel García Vermello, coñecido como Manuel de Trinidá. Consta de tres esferas, visibles desde os dous vales de Arnoia. Está coroada por unha campá, e a súa construción custou 17.000 pesetas.

       Fora promovida xa cara a 1929 poloa colonia emigrante en Montevideo, para regular as horas de rego. Pero non foi até 1945 cando se reflectiu a doazón do reloxo público da Torre por parte do Centro Arnoia de Montevideo.

Parroquias
     A Arnoia (San Salvador), Remuíño (Santo Antón)

Comarca do Ribeiro
        A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. 

         A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

     Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020).

      Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira.

      Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

 Fuente: Concello de A Arnoia

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO PETO DO CASTRO - O CASTRO - O XOBRE - A POBRA DO CARAMIÑAL

 CRUCEIRO PETO DO CASTRO

O CASTRO

O XOBRE

A POBRA DO CARAMIÑAL

 O Castro
     O Castro é un lugar da parroquia do Xobre ou O Maño no concello coruñés da Pobra do Caramiñal, na comarca da Barbanza. 

     Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 53 habitantes (27 homes e 26 mulleres).

O Xobre
     Santa María do Xobre ou Santa María do Maño é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Pobra do Caramiñal.

      Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 1.461 habitantes (692 homes e 769 mulleres) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.514 habitantes.

Patrimonio
    Torre de Xunqueiras, no lugar das Xunqueiras, pazo renacentista cunha torre medieval do século XIII.

Lugares do Xobre ou O Maño
       O Arcebispo, Os Areos. Bandaseca. Cabío. Caíños. O Campiño. A Casanova. O Castro. Cercias, A Costa, A Devesa, A Garita, A Laxe, A Lombiña, A Mirandela. O Outeiro, As Pedriñas, A Ponte, A Silva, Vilariño de Abaixo, Vilariño de Arriba, O Xobre, As Xunqueiras

Comarca de Barbanza
       A comarca do Barbanza, comarca da Barbanza, comarca de Barbanza ou simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza, é unha das comarcas oficiais de Galicia. 

     Localízase no suroeste da provincia da Coruña. Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira. 

      Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA