sábado, 14 de septiembre de 2024

CRUCEIRO DA PRAZA DE BRIÓN - BRIÓN - LEIRO - RIANXO

 CRUCEIRO DA PRAZA DE BRIÓN

BRIÓN

LEIRO

RIANXO

     O ecce homo rianxeiro: o estraño cruceiro da praza de Brión

       En Leiro hai un estraño cruceiro, cunha figura ben rara. O caso é que ata hai ben pouco non sabiamos cal era o motivo, xa que orixinalmente a cruz de pedra tiña outra figura enriba.

      O certo é que unha veciña nos contou que outro paisano do lugar lle tiña moita manía ao cruceiro que había no lugar. 

      Un bo día, cruzáronselle os cables e decidiu tiralo. Como? Pois engancándoo co seu tractor.

      O caso é que, non se sabe se por castigo divino ou que, no intento caeulle o cruceiro enriba, ata tal punto que quedou malferido e lle desfigurou o rostro por completo.

      De feito, polo que nos dixeron, o veciño segue vivo e nótanselle perfectamente as consecuencias do suceso.

      Por outra banda, tamén quedou desfeita a figura do cruceiro. 

      Outro veciño da zona, que sabe traballar a predra, intentou arranxala dándolle forma e quedou esa especie de Ecce Homo que se pode ver na actualidade.

MAPA 

 

 Fuente: texto copiado da Web fotosderianxo.com

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO PETO DO CAMIÑO DA IGREXA - LAGARTÓNS - A ESTRADA

CRUCEIRO PETO DO CAMIÑO DA IGREXA

LAGARTÓNS

A ESTRADA

Lagartóns
      Santo Estevo de Lagartóns é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. 

     Segundo o IGE en 2009 tiña 325 habitantes (174 mulleres e 151 homes), distribuídos en 14 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 365 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 176 persoas.

Patrimonio
     Igrexa de Santo Estevo de Lagartóns, conserva restos románicos: a ventá do testeiro, o arco triunfal e unha porta no muro setentrional. Sobresae o capitel setentrional que amosa un raposo que vén de pillar unha galiña que ten na boca.

Festas
     Festa do Labrego. Celébrase no lugar do Viso e consiste unha feira con produtos de artesanía, xogos para os nenos e unha exhibición cabalar.

     Empezou a celebrarse o 16 de maio de 1916 cando os labregos da época se enfrontaron ao caciquismo local e conseguiron a liberdade de mandar nas súas propias terras.

      Na súa honra levantouse na parroquia un monumento ao “labrego”.

Comarca de Tabeirós
     A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

       Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei. Tamén se inclúe nesta comarca o concello de Cerdedo malia a súa fusión no 2016 co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra. 

      A comarca está formada por dúas bisbarras diferenciadas: por unha banda, Tabeirós (integrada polo concello da Estrada); e pola outra, unha gran parte da comarca histórica de Terra de Montes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 12 de septiembre de 2024

CRUCEIRO DE OUZAMERXE - LAGARTÓNS - A ESTRADA

 CRUCEIRO DE OUZAMERXE

LAGARTÓNS

A ESTRADA

 Ouzamerxe
     Ouzamerxe é un lugar da parroquia de Lagartóns no concello pontevedrés da Estrada na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Sitúase a carón de Ouzamerxe (Guimarei).

Lagartóns
     Santo Estevo de Lagartóns é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. 

     Segundo o IGE en 2009 tiña 325 habitantes (174 mulleres e 151 homes), distribuídos en 14 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 365 habitantes.

     En 1842 tiña unha poboación de feito de 176 persoas.

Patrimonio
      Igrexa de Santo Estevo de Lagartóns, conserva restos románicos: a ventá do testeiro, o arco triunfal e unha porta no muro setentrional. Sobresae o capitel setentrional que amosa un raposo que vén de pillar unha galiña que ten na boca.

Festas
     Festa do Labrego. Celébrase no lugar do Viso e consiste unha feira con produtos de artesanía, xogos para os nenos e unha exhibición cabalar. Empezou a celebrarse o 16 de maio de 1916 cando os labregos da época se enfrontaron ao caciquismo local e conseguiron a liberdade de mandar nas súas propias terras. Na súa honra levantouse na parroquia un monumento ao “labrego”.

 Comarca de Tabeirós
     A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

     Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei. Tamén se inclúe nesta comarca o concello de Cerdedo malia a súa fusión no 2016 co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra.

A comarca está formada por dúas bisbarras diferenciadas: por unha banda, Tabeirós (integrada polo concello da Estrada); e pola outra, unha gran parte da comarca histórica de Terra de Montes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DA IGREXA DE A GRAÑA - A GRAÑA - COVELO

 CRUCEIRO DA IGREXA DE A GRAÑA

A GRAÑA

COVELO

 A Graña
     San Bernabeu da Graña é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Covelo na comarca da Paradanta. 

      Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 260 habitantes (135 mulleres e 125 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 288 habitantes. 

     Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 135 habitantes, sendo 68 homes e 67 mulleres.

Topónimo
     O topónimo, ó igual que noutros lugares co nome da Graña, posiblemente fai mención a unha antiga explotación gandeira ou agrícola rexida por un monxe labrego ou mestre.

      Os vendedores ambulantes da parroquia falaban a xerga coñecida como barallete dos grañudos.

Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.

      Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado. Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DAS ERMIDAS - MONTE DO CEO - ANTAS - A LAMA

 CRUCEIRO DAS ERMIDAS

MONTE DO CEO

ANTAS

A LAMA

     Cruceiro do ano 1882 situado no recinto da festa da capela da Nosa Señora das Ermidas

     Protexido por una balaustrada metálica, nace sobre dous chanzos de sección cadrada. Posúe unha gran base con escocia e, sobre ela, outra de menor tamaño na que aparecen as seguintes inscricións en dúas das súas caras:

“FUNDADOR D
SANTUARIO DEL
A VIRGEN DE FUTe
SANTA Y CRUZERO
JOSE QUITo Y Jfa GARa.”

“SIENDO ABAD
D. LUCAS NOGE_
IRA EN 1882.”

       O seu varal comeza en sección cadrada, segue coas arestas rebaixadas e remata en sección cilíndrica con acanaladuras.

      Nel podemos ver as imaxes de Adán e Eva apoiados sobre unha peaña e acompañados da árbore e da serpe.

       Un pouco máis arriba outra imaxe, esta vez a de Verónica co Santo Sudario sobre unha peaña.

        O capitel, de estilo corintio con motivos vexetais, volutas e anxos alados nos catro lados, da paso a unha cruz de sección cilíndrica na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado acomapañado dun anxo que recolle o sangue cun cáliz no anverso, e a Virxe das Ermidas cun anxiño nas mans, apoidas sobre unha cabeza de querubín e rodeada dunha mandorla no reverso.

     Segundo se recolle nalgunhas das fontes bibliográficas, este cruceiro foi feito polo mestre canteiro Xosé Cerviño García.

MAPA 

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DO CABO - QUINTÁNS - ISORNA - ROANXO

CRUCEIRO DO CABO

QUINTÁNS

ISORNA

RIANXO

 Cruceiro do Cabo

      Plataforma de tres chanzos sobre a que se ergue un fuste octogonal con sección cadrada no apoio. Este fuste presenta unha inclinación considerable debido ó paso dos anos, posiblemente por non ter pedestal e estar directamente incrustado na plataforma de tres chanzos.

      Capitel tronco-piramidal inverso con volutas nos extremos e cruz de sección cadrada con relevos nos extremos e cun cristo no anverso e unha piedade no reverso.

Tradición oral:
      Era onde se atopaba o barqueiro encargado de pasar a xente dun lado a outro do río Ulla.

       O 12 de xuño de 1916 houbo unha traxedia enfronte a este cruceiro cando unha gamela intentaba pasar o río cara Catoira para ir cara á feira de Vilagarcía. A gamela ía cargada con cinco mulleres, que morreron afogadas, e o barqueiro que foi salvado por un home que viu a traxedia dende terra.

      Al pretender atravesar con una chalana de Isorna a Catoira cinco mujeres y un hombre, volcó aquélla, pereciendo ahogadas las cinco infelices” dicía La Voz de Galicia naqueles tempos.

      Dúas das mulleres eran nai e filla de 11 anos que non puideron ser enterradas xuntas porque a filla foi atopado o seu cadáver na punta de Rañó que pertence á parroquia de Leiro e pese os intentos do pai por darlle sepultura ás dúas na parroquia de Isorna, as autoridades aplicaron a lei que obrigaba, daquela, a enterrar os defuntos onde se atoparan os corpos. 

      Xunto a elas tamén viaxaban 5 cabras que se salvaron todas. Contan que o barqueiro quedou sen fala debido á impresión que lle causou a traxedia.

MAPA 

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA