miércoles, 16 de octubre de 2024

IGREXA DE SANTIAGO DE RUBIÁS - RUBIÁS DOS MIXTOS - CALVOS DE RANDÍN - O COUTO MIXTO

 IGREXA DE SANTIAGO DE RUBIÁS

RUBIÁS DOS MIXTOS

CALVOS DE RANDÍN

O COUTO MIXTO

 Santiago
      Santiago é un lugar da parroquia de Rubiás dos Mixtos no concello de Calvos de Randín.

      Tiña 80 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 43 eran homes e 37 mulleres. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010, cando tiña 67 habitantes (39 homes e 28 mulleres).

Historia
       Xunto con Rubiás e As Maus conformaba ata 1864 o Couto Mixto.

     Na igrexa de Santiago está a arca na que se gardaban os documentos que recoñecían os dereitos dos habitantes do Couto Mixto.

Rubiás dos Mixtos
     Santiago de Rubiás dos Mixtos é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia.

      No ano 2007 tiña 162 habitantes (85 homes e 77 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano 2000.

       A parroquia de Rubiás dos Mixtos xunto co lugar das Maus da parroquia de Tosende no concello de Baltar, conformaba ata 1864 o Couto Mixto.

Historia
       En 1868, coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864, o Couto Mixto foi incorporado ó concello de Baltar. O lugar de Meaus integrouse na parroquia de Tosende, mais os lugares de Rubiás e Santiago pediron ser integrados no concello de Calvos de Randín, solicitude que foi aprobada pola Deputación de Ourense en 1870 e se fixo vixente o ano seguinte, constituíndo a parroquia de Rubiás dos Mixtos.

      Eclesiasticamente xa existía, aparecendo así no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz en 1849 ou no Censo de Ensenada de 1752.

      De feito, cando se crearon os concellos en 1836, Santiago de Rubiás xa foi incluída no concello de Calvos de Randín.

      No ano 1985, a Xunta de Galicia estabeleceu «Rubiás dos Mistos» como forma oficial do topónimo. En troques, dez anos despois determinou que o nome oficial da parroquia fose «Rubiás dos Mixtos».

Comarca da Limia
      A comarca da Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Xinzo de Limia.

      A ela pertencen os concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

      A Limia é unha das comarcas naturais máis nítidas de Galicia. Está situada no centro da provincia de Ourense ocupando en gran parte unha ampla depresión tectónica de fondo plano, na cal estivo a lagoa de Antela, desecada a partir do ano 1958. 

      Ten unha altitude media duns 600 metros, cunha topografía de chaira rodeada polo sur pola serra do Larouco.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

 


martes, 15 de octubre de 2024

CRUCEIRO DA CAPELA DE SAN BARTOLOMEU - PORTO DE RIANXO - RIANXO

 PETO DA CAPELA DE SAN BARTOLOMEU

PORTO DE RIANXO

RIANXO

  Cruceiro da Capela de San Bartolomeu
      Cruceiro de granito situado no adro da Capela de San Bartolomeu, da tipoloxía de capeliña.

      Cruceiro do ano 2003, obra do escultor Cabeza Quiles, con plataforma de tres chanzos de sección cadrada.

      A continuación un groso varal de sección cadrada coas arestas chafranadas no que destaca a súa decoración con cunchas nos extremos superiores.

      No seu capitel troncopiramidal inverso decorado con diferentes relevos, entre eles anxos alados, apoiase unha capeliña con arco de medio punto decorada con esferas no borde. 

      No seu interior podemos ver a imaxe da Virxe, apoiada nunha peaña con forma de nube e cara de anxo e, máis abaixo, unha representación dun castelo ou fortaleza.

     O conxunto remata nunha cruz, de sección cadrada con remates nos vértices, na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

     As esferas da fornela levan gravados o número do primeiro premio da lotaría de Nadal do 2003, ano que tocou en Rianxo.

     O número é o 42473, e algunhas persoas frotan o seu décimo nestas esferas.

MAPA

 

 Fuente: Web obaixoulla.gal

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE TAIAO - TAIAO DE BAIXO - VALENÇA DO MINHO

 PETO DE TAIAO

TAIAO DE BAIXO

VALENÇA DO MINHO

    Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás... 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

PETO DA VIRXEN - RÚA DR. NARCISO DE CUNHA - PAREDES DE COURA

 PETO DA VIRXEN

RÚA DR. NARCISO ALVES DE CUNHA

PAREDES DE COURA

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás... 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PORTO DE PORTOCUBELO - PORTOCUBELO - LIRA - CARNOTA

PORTO DE PORTOCUBELO

PORTOCUBELO

LIRA

CARNOTA

 Porto de Portocubelo
     Portocubelo é un lugar da parroquia de Lira no concello coruñés de Carnota na Comarca de Muros.

     Tiña 52 habitantes no ano 2009 segundo datos do INE, dos cales eran 23 homes e 29 mulleres.

Xeografía
     Está situado na zona marítima de Carnota mirando cara ao océano Atlántico.

     Posúe un pequeno porto pesqueiro cunha lonxa onde se vende o peixe mediante poxa, ademais tamén se vende por Internet. 

      No lugar de Portocubelo chamado "a beirada", atópase un pequeno museo no que recollen os aparellos de pesca típicos xunto coas súas propias embarcacións.

Portocubelo comprende as seguintes zonas:
    O Porto: lugar onde se encontran as embarcacións e a actividade pesqueira. Nel atópase unha lonxa para o comercio marítimo.

    A Gavota: lugar situado moi cerca do Porto no que se atopan grandes cantidades de aves marítimas e peixes debido aos condutos de purificación da auga da piscifactoría. Este lugar é moi prezado polos pesqueiros.

    Ximprón: praia de pequenas dimensións pero de moi grande importancia para os veciños de Lira. A raíz do desastre do Prestige esta pequena praia foi unha das máis afectadas.

    Ardeleiro: nesta zona existen os restos dunha fábrica de conservas e unha praia nos arredores. En 1966, neste lugar, un barco da Armada española, o Ariete, estivo a piques de naufragar cos seus tripulantes, mais coa axuda dos habitantes de Lira estes sobreviviron á desgraza. Por mor deste acto, o escudo do concello de Carnota leva o lema de Moi Humanitario e mandaron facer un porto en Portocubelo.

    Os Susiños: lugar preto de Lariño no que se encontra unha fonte de pedra.

Lugares de Lira
     Agrovello, O Carballal, Lira, Miñarzo, Paos, O Pazo, Portocubelo, Rates, Sestelos, Sofán, Teixoeira

Comarca de Muros
     A comarca de Muros é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Muros. 

     A esta comarca pertencen os concellos de Carnota e Muros. 

     Limita, polo norte, coa comarca do Xallas, polo leste, coa comarca de Noia e polo sur e o oeste co océano Atlántico.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA