Esta pequena construción do s. XVIII é de formas compactas, definidas os seus muros de cadeirado de granito e a cuberta de madeira a dúas augas de tella.
A súa planta é rectangular dunha única nave que se divide en dous tramos por un arco de medio punto. Este funciona como elemento separador do presbiterio con respecto ao resto da igrexa.
A sancristía engádese ao lateral norte do presbiterio, sendo o único volume que destaca cara ao exterior. O coro está situado aos pés.
O seu exterior é de gran sobriedade. Na fachada principal ábrese unha sinxela porta alintelada e, sobre esta, unha ventá de reducidas dimensións.
A cornixa, lixeiramente voada, adórnase nos extremos con pináculos rematados en bólas. No vértice, e sobre unha plataforma, érguese unha espadaña dun só arco.
Ribasieira San Fins de Ribasieira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Porto do Son.
Segundo o padrón municipal ten 87 habitantes (46 homes e 41 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación.
Lugares de Ribasieira Bustiguillade, Bustoseco, Cabrais, Calvelle, Godón, Inxerto, A Madanela, Pousacarro, Tara, Xufres
Porreiras Porreiras e unha fregresia portuguesa do municipio de Paredes de Coura, distrito de Viana do Castelo.
Historia Foi suprimida o 28 de xaneiro do 2013, en aplicación de unharesolución de la Asamblea da República portuguesa promulgada o 16 de xaneiro do 2013 o unirse coa fregresia de Insalde, formando a nova freguesia de Insalde e Porreiras.
Paredes de Coura Paredes de Coura é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 1 500 habitantes.
É sede dun municipio con 138,02 km² de área e 9 571 habitantes (2001), subdividido en 16 freguesías.
O municipio está limitado ao norte polos municipios de Valença e Monção, ao leste por Arcos de Valdevez, ao sur por Ponte de Lima e ao oeste por Vila Nova de Cerveira.
O punto máis elevado do municipio sitúase no Corno do Bico, con 883 metros de altitude, na área protexida do mesmo nome.
Freguesías Dende a reorganización administrativa de 2012/2013, o municipio de Paredes de Coura está composto por 16 freguesías: Aqualonga Bico e Cristelo Castanheira Cossourado e Linhares Coura Cunha Formariz e Ferreira Infesta Insalde e Porreiras Mozelos Padornelo Parada Paredes de Coura e Resende Romarigães Rubiães Vascões
Petos de Ánimas Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.
Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.
Segundo Castelao: "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".
A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.
A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.
Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.
O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.
Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes: - Estructura arquitectónica básica. - Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira). - Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira).
Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.
Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.
Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.
Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.
Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.
Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.
Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.
En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.
Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.
Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.
Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.
Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.
Os petos de ánimas son esas pequenas capeliñas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.
Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobres ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara o seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.
Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.
En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.
Circo dos Muchachos O Circo dos Muchachos foi o primeiro proxecto de escola de circo en España. Fundado polo padre Jesús Silva Méndez na década de 1960, instalouse nunha leira chamada «Benposta» (tamén coñecida como «La Ciudad de los Muchachos»), no arrabalde sur da cidade de Ourense, na parroquia de Seixalbo.
Mantívose en activo até a primeira década do 2000. Foi catalogada como unha experiencia de autoxestión xuvenil, dentro dun estrito marco legal durante a ditadura franquista.
Este modelo tivo réplicas noutros proxectos xuvenís, especialmente en América Latina, e marcou varias xeracións de artistas. Entre eles destacan Benposta Colombia (Bogotá, Villavicencio e Montería), fundada por José Luís Campo Rodicio, e mais Benposta Venezuela (La Guaira, Sinamaica e Caracas).
Historia Antes de completar os seus estudos de teoloxía na Universidade de Salamanca, na década de 1950, Jesús Silva Méndez fundou en Ourense, xunto con outras mozas e mozos, unha asociación xuvenil. En principio, a sede estivo no baixo da casa da súa nai, e despois trasladouse a Benposta, unha leira de 200.000m² na parroquia de Seixalbo.
Benposta, «La Ciudad de los Muchachos» A leira recibiu o nome de «Benposta» para acoller a «Ciudad de los Muchachos», debido á organización e construcións en forma de pequena cidade. Moitas das edificacións da leira de Seixalbo foron realizadas polo arquitecto Alberto Muñiz, fundador da CEMU (Ciudad Escuela Muchachos).
Benposta foi fundada con base nunha intensa ideoloxía católica. Moita xente considera que a «Ciudad de los Muchachos» estaba dedicada á caridade para as nenas e os nenos sen fogar. Porén, o padre Silva propugnaba que a motivación real era crear unha comunidade educativa onde as nenas e os nenos fosen parte dun «mundo novo» baseado nos principios católicos.
Escola de circo É considerada a segunda escola de circo do mundo, trala escola do circo de Moscova. Este circo foi pioneiro e describiría a folla de ruta que máis adiante seguiría o Circo do Sol nas súas actuacións de circo sen animais. Con todo, no 30º aniversario, o espectáculo dos Muchachos incluíu cabalos en liberdade montados por acróbatas.
Unha das actividades do circo a inicios da década de 1960 era o proxecto de reciclaxe «TraPaBoCha». Consistía en reciclar trapos de tea, papel, botellas e ferralla co fin de financiar as actividades filantrópicas orientadas á mocidade.
Revolution Circus A primeira actuación foi na Praza de Catalunya (Barcelona) en 1966. Despois fixeron xiras por Portugal e o resto de España, e en 1970 actuaron en Francia. O Circo de los Muchachos foi o primeiro en actuar no Grand Palais parisiense. Tamén realizaron xiras por Bélxica e os Países Baixos. En 1973, actuaron no Madison Square Garden de Nova York. Publicaron un LP coas cancións deste espectáculo para continuar coas xiras polos EUA e Suramérica. A finais dos 70, foron incluídos como artistas prohibidos pola ditadura arxentina. Tamén actuaron en países de Asia e mais en Australia. Na década de 1980 inauguraron un espectáculo en Israel e levárono por toda Europa. O circo fixo actuacións especiais en Alemaña, onde a ideoloxía de Benposta era moi coñecida grazas a libros e documentais.
Declive O seu declive comezou na primeira década dos 2000. Tralo pasamento do padre Silva, produciuse practicamente o seu desmantelamento.
O poliedro de Benposta Na leira de Seixalbo instalouse un poliedro deseñado polo arquitecto Emilio Pérez Piñero. Pertencente á instalación Cinerama, foi empregado como instalación permanente da escola de circo, amais de para realizar funcións semanais.
O Museo Circo de los Muchachos En febreiro de 2019, a Asociación Cultural Padre Silva (creada trala morte deste en 2011) abriu as portas do Museo Circo de los Muchachos, situado na zona vella da cidade de Ourense, no número 6 da rúa Bailén. Este museo conta cunha exposición que recolle a evolución histórica da Benposta ourensá.
Algúns artistas coñecidos que tiveron o seu inicio en Benposta foron: O pallaso Pancracio, que actuou no circo a finais dos anos 60 e principios dos 70 do século XX. Julio Sabala, artista e imitador. Suso Clown, Premio Nacional de Circo en 2003. Mustafa «Danger», funámbulo do extinto circo Ringling Brothers Especial atención merece o colectivo de 12 ecuatoguineanos que se uniron ao programa educativo de Benposta trala descomposición dese estado africano durante o goberno de Macías. Xorden así profesionais do teatro, a música ou o cine como Marcelo Ndong, Hermenegildo Alogo Mebuy (Hermes, guitarrista de Los Suaves), Ponciano Bakale, Pedro Ekong Mengue, Patricio Mitogo Nsue ou os irmáns Fernando e Isabel Daperia.