viernes, 11 de abril de 2025

IGREXA DE SANTA MARÍA DO VISO - O VISO - REDONDELA

 IGREXA DE SANTA MARÍA DO VISO

O VISO

REDONDELA

 O Viso
      Santa María do Viso é unha parroquia situada ó norte do concello de Redondela. Linda coas parroquias de Cesantes, Ventosela e co Concello de Soutomaior. 

     Está formada por catro núcleos de poboación: Tuimil, A Nogueira, Soutoxuste e Saramagoso. En 2014 tiña 1504 habitantes (735 homes e 769 mulleres).

Xeografía
       Está atravesada polo río Pexegueiro de onde se nutren de auga unha serie de muíños que no seu tempo foron decisivos para a economía da zona. 

      A aldea de Soutoxuste posúe unhas tranquilas calas na beira do mar. Na Nogueira pódense visitar algúns petróglifos. En Tuimil atópase o parque do Loureiro.

Patrimonio
      O Viso está atravesada de sur a norte polo camiño portugués a Santiago de Compostela. Con todo, a parroquia destaca pola atalaia do Monte da Peneda, que preside toda esa zona. 

       No seu cumio está a capela da Virxe das Neves, nos terreos onde en 1477 Alonso II de Fonseca mandou construír o Castelo de Castrizán, conquistado e destruído por Pedro Madruga dous anos despois. 

        Nese lugar, de grandes vistas cara a ría de Vigo e cara ao val do río Verdugo, onde está o Castelo de Soutomaior, tamén hai restos de poboados castrexos.

       O nome do Viso ten unha clara reminiscencia funcional na súa toponimia. Procede da forma visu, dos verbos latinos video e viso (ver, contemplar), e fai referencia a lugares elevados desde onde se poden contemplar amplas panorámicas. O seu nome procede entón da presenza do antes mencionado miradoiro da Peneda. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 10 de abril de 2025

CRUCEIRO DO CEMITERIO - O PIÑEIRO - COVELO

 CRUCEIRO DO CEMITERIO

O PIÑEIRO

COVELO

 O Piñeiro
      San Xoán do Piñeiro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Covelo na comarca da Paradanta.

      Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 136 habitantes (74 mulleres e 62 homes), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 166 habitantes.

      Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 96 habitantes, sendo 44 homes e 52 mulleres.

Información
      A parroquia áchase a 9 quilómetros da capital do concello, situada na faldra da Serra do Suído (Espazo natural protexido). 

     Na Guía do Piñeiro, a uns 500 metros de altitude, existe unha capela sobre un castro sen levantar onde un afeccionado atopou unha brosa da Idade de Bronce. Tamén hai cruceiros e unha vía empedrada.

Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

     A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.

     Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SANTA MARÍA - COTAREL - PARAÑOS - COVELO

 IGREXA DE SANTA MARÍA

COTAREL

PARAÑOS

COVELO

 Igrexa de Santa María de Paraños

       Edificación feita en pedra granítica labrada e escuadrada, con planta de cruz latina e cuberta a dúas augas agás na ábsida que é a catro, e pináculos de bola nos extremos.

       Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso lintelada e recerdada con moldura plana acodada.

       Por riba dela unha fornela con bóveda de canón coa imaxe da patroa e unha fiestra con derrame interno.

      O conxunto remata cunha espadana de doble van con pináculos de bola nos extremos e cruz pétrea no cume.

     Na cabeceira da ábsida existe un pequeno escudo nobiliario.

Paraños
     Está situada a ámbolos dous lados da Nacional -120 e nela atópase o acceso á autovía Rías Baixas .

     Tamén se atopa o acceso principal por estrada ao resto do municipio.

     Podemos atopar diversas manifestacións do patrimonio artístico e etnográfico: O cruceiro, petos de ánimas , un pombal circular, a igrexa do século XVIII, diversos hórreos realizados integramente en pedra e restos de útiles e lugares usados polos cereiros , son algunhas delas.

      Recentemente foi rehabilitada unha antiga casa de labranza para construír a casa de cultura onde se realizan diversas actividades ao longo do ano e funcionando ademais como axencia de lectura.

     Para a práctica deportiva disponse dun campo de fútbol e unha pista de usos múltiples.

     Os seus barrios e lugares son: Os Condes, Cotarel , Ás Laxas, A Margarida , Ás Medelas , Moeiros , Picoto , Portocortiñas , O Quinteiro , O Roupeiro .

Comarca da Paradanta
     A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

     A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.

     Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.

     Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

Concello de Covelo

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 9 de abril de 2025

FORNO CERÁMICO TRADICIONAL - CAMPOSANCOS - A GUARDA

 FORNO CERÁMICO TRADICIONAL

CAMPOSANCOS

A GUARDA

Camposancos
       Santa Isabel de Camposancos, ou A Visitación de Santa María de Camposancos, é unha parroquia que se localiza no concello da Guarda.

      É unha das 9 entidades locais menores de Galicia. Segundo o padrón municipal de 2020, ten 1.073 habitantes distribuídos en 9 entidades de poboación.

     En 2014 tiña 1.088 (567 mulleres e 521 homes), en 2004 contaba con 987 habitantes, e en 1999, con 913.

       Está situada na beira dereita da foz do río Miño, polo que tamén dá ao océano Atlántico. 

     Pertence á diocese de Tui-Vigo, na que está incluída o arciprestado da Guarda-Tebra.

Comarca do Baixo Miño
       A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui. 

      Pertencen a ela os concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

Xeografía
      A comarca do Baixo Miño localízase co océano Atlántico ao oeste e o río Miño ao sueste que lle serve de fronteira natural con Portugal, até a súa desembocadura na Guarda, onde forma un amplo esteiro de importancia ornitolóxica. 

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

 

martes, 8 de abril de 2025

CRUCEIRO DA PONTE - A PONTE - FORCADELA - TOMIÑO

 CRUCEIRO DA PONTE

A PONTE

FORCADELA

TOMIÑO

      Cruceiro de grandes dimensión cunha plataforma de tres chanzos e base achafranada nos seus vértices superiores na que amosa un epígrafe e a data de 1680.

     Sobre un arranque cadrado con decoración xeométrica desenvólvese o fuste cilíndrico dividido en dous niveis, un inferior con estrías nervadas para pasar a un segundo nivel simplemente estriado.

     Nel aparece unha figura humana labrada.

      Como capitel presenta unha esfera aplanada sobre a que descansa a cruz de paus cadrados coa representación de Cristo e a a Virxe no reverso.

Comarca do Baixo Miño
      A comarca do Baixo Miño é unha comarca galega situada no suroeste da provincia de Pontevedra e a súa capital é Tui. 

     Pertencen a ela os concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.

Xeografía
      A comarca do Baixo Miño localízase co océano Atlántico ao oeste e o río Miño ao sueste que lle serve de fronteira natural con Portugal, até a súa desembocadura na Guarda, onde forma un amplo esteiro de importancia ornitolóxica.  

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA