sábado, 5 de octubre de 2024

PETO EN MEAUS - MEAUS - BALTAR - O COUTO MIXTO

PETO EN MEAUS
MEAUS
BALTAR
O COUTO MIXTO

   Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.


Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".
 

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, millo, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.


   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:

- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira). 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA 




PETO EN O PELETE - O PELETE - COVELO - A LAMA

PETO EN O PELETE

O PELETE

COVELO

A LAMA

    Os petos de ánimas, os cruceiros e os hórreos son os tres referentes do que poderiamos chamar os monumentos de arte menor da arquitectura rural de Galicia.

     Para a arte maior deixamos as igrexas, muiños, pazos e outras construcións de carácter civil ou militar como torreóns, murallas, etc.

     Polos montes e vales do sur de Galicia e do norte de Portugal, topámosnos/topámonos con frecuencia con estas encantadoras expresións da arte rural.

     Hoxe adicámoslle a nosa atención aos petos de ánimas e pequenos monumentos piadosos que ao longo dos séculos, sobre todo a partir do XVII han ir xurdindo en pobos e aldeas.

     Os petos de ánimas son esas pequenas capillitas que se atopan polo xeral nos camiños e encrucilladas para honrar ás ánimas que esperan a súa liberación no purgatorio en cuxa hucha ou peto depositan os fieis as súas esmolas para financiar as misas que axuden a levalos ao ceo onde, xa na gloria, intercederán polos seus benefactores.

     Estes sinxelos monumentos obra dos canteiros locais, adoitan estar decorados cunha representación das pobre ánimas mergulladas en linguas de lume e en actitude suplicante, cara seu intercesor que adoita ser un santo, San Antonio, por exemplo, un bispo ou a Virxe do Carmen, entre outros.

     Tamén se atopan, sobre todo en Portugal, construcións deste tipo, pero non adicadas ás ánimas do purgatorio senón a unha devoción en particular, sendo bastantes frecuentes as relacionadas con Cristo cruficado.


    En Fornelos, que significa hornacina en galego, teñen unha dedicada a San Lorenzo.

 MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 







domingo, 15 de septiembre de 2024

CRUCEIRO DE CAPELA EN BRIÓN - BRIÓN - LEIRO - RIANXO

 CRUCEIRO DE CAPELA EN BRIÓN

BRIÓN

LEIRO

RIANXO 

 Brión
       Brión é un lugar da parroquia de Leiro no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza.

          Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 327 habitantes (163 homes e 164 mulleres).

Leiro
         Santa María de Leiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo.

           Segundo o padrón municipal (INE 2018) tiña 953 habitantes (482 mulleres e 471 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.075 habitantes e ao ano 2013 cando tiña 1.019 habitantes.

       Esta parroquia e máis a de Santa Comba de Rianxo, do mesmo concello, son os únicos puntos de Galicia nos que se conserva o uso dialectal do xerundio conxugado.

Patrimonio
    Pazo de Brión: pazo barroco compostelán da familia Torrado, construído en 1310 e reconstruído en 1610. Sufriu unha nova remodelación en 1786.

Comarca de Barbanza
      A comarca do Barbanza, comarca da Barbanza, comarca de Barbanza ou simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza, é unha das comarcas oficiais de Galicia. 

        Localízase no suroeste da provincia da Coruña. 

     Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira. Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

sábado, 14 de septiembre de 2024

CRUCEIRO EN ESCUADRO - ESCUADRO - SILLEDA

CRUCEIRO EN ESCUADRO

ESCUADRO

SILLEDA

 Escuadro
       San Salvador de Escuadro é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. 

      Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 487 habitantes, distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 2007 cando tiña 506 habitantes.

      É a parroquia rural máis poboada de Silleda, se ben sufriu unha gran perda demográfica durante o século XX, pois en 1930 tiña 1.030 habitantes.

Patrimonio
    Fervenza de Férveda
    Igrexa de San Salvador de Escuadro
    Pazo de Cascaxide, casa señorial do século XVIII que conta cun bosque declarado espazo protexido.

    Pena de Auga, que amorea auga de chuvia no seu interior e que segundo a tradición cura as enfermidades da pel e dos ollos. Neste lugar da Penadauga celebrouse no seu momento unha feira mensual.

Festas
       Celebra as súas festas patronais repartidas ao longo do ano.

      O terceiro sábado do mes de marzo celébrase o San Marcos, o 2 de xullo e o domingo seguinte venérase á Santa Isabel.

     O 6 de agosto e o 7 de agosto celébranse as festas do verán na honra ao San Salvador, patrón da parroquia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DA PRAZA DE BRIÓN - BRIÓN - LEIRO - RIANXO

 CRUCEIRO DA PRAZA DE BRIÓN

BRIÓN

LEIRO

RIANXO

     O ecce homo rianxeiro: o estraño cruceiro da praza de Brión

       En Leiro hai un estraño cruceiro, cunha figura ben rara. O caso é que ata hai ben pouco non sabiamos cal era o motivo, xa que orixinalmente a cruz de pedra tiña outra figura enriba.

      O certo é que unha veciña nos contou que outro paisano do lugar lle tiña moita manía ao cruceiro que había no lugar. 

      Un bo día, cruzáronselle os cables e decidiu tiralo. Como? Pois engancándoo co seu tractor.

      O caso é que, non se sabe se por castigo divino ou que, no intento caeulle o cruceiro enriba, ata tal punto que quedou malferido e lle desfigurou o rostro por completo.

      De feito, polo que nos dixeron, o veciño segue vivo e nótanselle perfectamente as consecuencias do suceso.

      Por outra banda, tamén quedou desfeita a figura do cruceiro. 

      Outro veciño da zona, que sabe traballar a predra, intentou arranxala dándolle forma e quedou esa especie de Ecce Homo que se pode ver na actualidade.

MAPA 

 

 Fuente: texto copiado da Web fotosderianxo.com

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO PETO DO CAMIÑO DA IGREXA - LAGARTÓNS - A ESTRADA

CRUCEIRO PETO DO CAMIÑO DA IGREXA

LAGARTÓNS

A ESTRADA

Lagartóns
      Santo Estevo de Lagartóns é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. 

     Segundo o IGE en 2009 tiña 325 habitantes (174 mulleres e 151 homes), distribuídos en 14 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 365 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 176 persoas.

Patrimonio
     Igrexa de Santo Estevo de Lagartóns, conserva restos románicos: a ventá do testeiro, o arco triunfal e unha porta no muro setentrional. Sobresae o capitel setentrional que amosa un raposo que vén de pillar unha galiña que ten na boca.

Festas
     Festa do Labrego. Celébrase no lugar do Viso e consiste unha feira con produtos de artesanía, xogos para os nenos e unha exhibición cabalar.

     Empezou a celebrarse o 16 de maio de 1916 cando os labregos da época se enfrontaron ao caciquismo local e conseguiron a liberdade de mandar nas súas propias terras.

      Na súa honra levantouse na parroquia un monumento ao “labrego”.

Comarca de Tabeirós
     A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.

       Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei. Tamén se inclúe nesta comarca o concello de Cerdedo malia a súa fusión no 2016 co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra. 

      A comarca está formada por dúas bisbarras diferenciadas: por unha banda, Tabeirós (integrada polo concello da Estrada); e pola outra, unha gran parte da comarca histórica de Terra de Montes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA