SANTUARIO DE SANTA CRUZ
BALDOMAR
COVELO
A igrexa é de estilo barroco e no seu exterior conta cunha pequena torre cunha balaustrada no campanario. No tímpano atópase unha imaxe dun santo, pero en xeral a decoración é escasa.
No interior conta coa súa xoia particular, o baldaquino barroco recentemente restaurado, polo demais o seu aspecto é moi sobrio.
O Santuario está documentado xa no ano 1711 e debeu de contar cun anaco da cruz de Cristo, xa que en outros documentos se conceden días de indulxencia por veneral
Tamén hai partillas onde se contan os pagos polos comezos das obras de pintura do baldaquino.
No ano 2000 atopábase nun estado ruinoso e foi reformado finalizándose no ano 2006 e cuns fantásticos resultados.
Comarca da Paradanta
A comarca da Paradanta é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra.
A ela pertencen os concellos de Arbo, A Cañiza (a súa capital), Covelo e Crecente.
Limita ao norte coas comarcas de Vigo e do Ribeiro, ao leste con esta última e coa de Terra de Celanova, ao sur con Portugal e ao oeste coa do Condado.
Ocupa unha extensión de 339,85 quilómetros cadrados e contaba cunha poboación de 12.060 habitantes no ano 2020.
MAPA
Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA