CRUCEIRO DE CAMPO CASTELO
OSEIRA
SAN CRISTOVO DE CEA
Oseira
Santa María a Real de Oseira é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
No ano 2011 tiña 389 habitantes, deles 204 eran homes e 185 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 547 habitantes.
Xeografía
É a parroquia máis extensa do municipio de San Cristovo de Cea, ocupa aproximadamente un cuarto da totalidade do concello.
Coñecida polo Mosteiro Cisterciense de Oseira que en épocas anteriores foi algo así como o centro neurálxico de toda a comarca do Carballiño.
Toponimia
Oseira (do latín ossum, "lugar onde hai osos"), o nome provén de "ursaria", terra onde habitan osos, pois era frecuente poder ver este tipo de animais pola zona.
En galego antigo escrito coma Osseira (Osseyra), posteriormente ás veces castelanizado coma Osera ou Ossera.
Festas
Celébrase o 15 de agosto a festa en honor a Santa María a Real de Oseira. Aínda que a festa laica se fai o domingo que segue ó día 15.
Lugares de Oseira
Arenteiriño, Áspera, Betar, Boulla, A Cabana, Confurco, A Costa, O Gamoal, Mirallos, Oseira, Pielas, Pobadura, O Río, San Martiño, Silvaboa, Tanxil, Trabazos, A Veiga de Abaixo, A Veiga de Arriba, A Ventela, Vilanfesta, Vilarello, Vilariño Frío
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA