miércoles, 8 de enero de 2025

CAPELA DE SANTA ISABEL - A VENTELA - OSEIRA - SAN CRISTOVO DE CEA

CAPELA DE SANTA ISABEL

A VENTELA

OSEIRA

SAN CRISTOVO DE CEA

A Ventela
      A Ventela é un lugar da parroquia de Oseira, no concello ourensán de San Cristovo de Cea, na comarca do Carballiño.

      Segundo o IGE, en 2022 tiña 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres).

Oseira
      Santa María a Real de Oseira é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

      No ano 2011 tiña 389 habitantes, deles 204 eran homes e 185 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 547 habitantes.

Xeografía
     É a parroquia máis extensa do municipio de San Cristovo de Cea, ocupa aproximadamente un cuarto da totalidade do concello.

      Coñecida polo Mosteiro Cisterciense de Oseira que en épocas anteriores foi algo así como o centro neurálxico de toda a comarca do Carballiño.

Cultura
     ToponimiaOseira (do latín ossum, "lugar onde hai osos"), o nome provén de "ursaria", terra onde habitan osos, pois era frecuente poder ver este tipo de animais pola zona.

     En galego antigo escrito coma Osseira (Osseyra), posteriormente ás veces castelanizado coma Osera ou Ossera. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

CRUCEIRO PETO DE SAN BERNABE - VIVENZO - QUINS - MELÓN

 CRUCEIRO PETO DE SAN BERNABE

VIVENZO

QUINS

MELÓN

 Vivenzo
     Vivenzo é un lugar da parroquia de Quins no concello ourensán de Melón na comarca do Ribeiro.

     Tiña 47 habitantes no ano 2012 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 21 eran homes e 26 mulleres.

Quins
     Santa María de Quins é unha parroquia do concello de Melón, na provincia de Ourense.

     Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 876 habitantes (415 homes e 461 mulleres), o que supón un aumento en 12 habitantes en relación ao ano anterior.

      A parroquia está atravesada pola estrada N-120, que comunica Vigo e Ourense.

Lugares de Quins
     Barcia, O Casal, Codesás, Covelo, A Eirexa, A Ibia, Moces, Negrelle, Portalaxe, Portodechán, Quins, A Serra, Vilaverde, Vivenzo

Comarca do Ribeiro
     A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste.

    A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.

       

      Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020). Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. 

     Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 7 de enero de 2025

PETO DAS ALMIÑAS DE MONSERRATE - MONSERRATE - VIANA DO CASTELO

 PETO DAS ALMIÑAS DE MONSERRATE

MONSERRATE

VIANA DO CASTELO

 Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...   

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CALVARIO DE SANTA MARIÑA DA INSUA - A INSUA - PONTE CALDELAS

 CALVARIO DE SANTA MARIÑA DA INSUA

A INSUA

PONTE CALDELAS

      Calvario do ano 1791 que consta dunha cruz principal e dúas laterais, xunto cun pequeno repousadoiro. O conxunto se atopa ao carón do muro do adro da igrexa parroquial de Santa Mariña da Insua.

     * A cruz central nace sobre dos chanzos. A súa base cúbica posúe as arestas rebaixadas. O varal comeza en sección cadrada e segue en sección cilíndrica con acanaladuras. O capitel tipo xónico posúe decoración de volutas e motivos vexetais. 

      Por último a cruz, de tipo leñosa con nós e de sección cilíndrica. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe con Cristo xacente nos seus brazos no reverso.

       * A cruz da dereita nace sobre unha base cúbica de arestas rebaixadas. O seu varal comeza en sección cadrada e pasa pouco despois a octogonal e na que aparece un baixo relevo dunha cruz. O capitel moldurado da paso a unha cruz sen imaxes.

       O seu capitel moldurado da paso a unha cruz de arestas rebaixadas na que aparecen a imaxe da Virxe cos brazos cruzados sobre o peito e apoiada sobre unha cabeza de anxo con ás.

      * A cruz da esquerda nace sobre unha base cúbica na que podemos ver unha caveira nun dos seus lados. noutra das caras existe unha inscrición moi erosionada que aínda permite ler a seguinte lenda: “año D 1791”.

     O varal comeza en sección cadrada e continúa en octogonal e na que aparece un baixo relevo dunha cruz.
O capitel moldurado da paso a unha cruz de sección cadrada e na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

       Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 6 de enero de 2025

IGREXA DE SANTIAGO DE CATASÓS - CATASÓS - LALÍN

IGREXA DE SANTIAGO DE CATASÓS

CATASÓS

LALÍN

Catasós
      Santiago de Catasós é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín.

      Segundo o IGE, no 2011 tiña 454 habitantes (246 mulleres e 208 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 527 habitantes.

Patrimonio
        No lugar de Quintela, atópase a Fraga de Catasós (ou Carballeira de Quiroga), ocupa 4.5185 ha. e foi declarada monumento natural no ano 2000, que ademais de carballos conserva castiñeiros centenarios de 5 metros de circunferencia que chegan ata os 30 metros de altura, o que os converte nos máis altos de Europa.

      Consérvanse algúns túmulos funerarios.

      O castro de Catasós presenta un recinto de forma ovalada co eixo maior (L-O) que mide uns 85 m; o eixo N-S chega ata os 80 m, ambas as medidas tomadas no exterior da estrutura. O recinto aparece defendido en todo o seu perímetro por un terraplén.

      Na zona suroeste hai un parapeto, cunha caída cara ao interior duns 3,5 m, que parece feito de pedra e terra e que nalgún punto puido ter estrutura muraria. Este parapeto vaise esvaecendo cara ao oeste e só aparece nun punto do sector oriental. Aproximadamente na zona central da coroa, existe un afloramento rochoso de xisto.

     O castro de Quintela é un recinto de forma triangular ovalada cun eixo maior de orientación NL-SO que mide 150 m no exterior e 140 m ao interior. No seu eixo menor mide 130 m ao exterior e 100 m ao interior, na súa parte máis ancha, emprazada no suroeste.

       O recinto está protexido por un terraplén de escasa proxección, pois apenas levanta dous metros na maior parte do perímetro. Na zona noroeste presenta restos do parapeto que está composto esencialmente de terra, segundo se pode ver nos cortes dun camiño que o alterou. É probable que o parapeto se estendese tamén pola zona norte, pero a densa vexetación dificulta a súa determinación.

     Entre os edificios civís da parroquia destacan o Pazo de Donfreán, un casal do século XVIII, e a Casa de Quintela.

     A igrexa parroquial de Santiago de Catasós, de 1792, foi levantada sobre as ruínas da anterior. 

      Ten tamén dúas ermidas e un cruceiro duns 5 metros de alto. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA