martes, 7 de enero de 2025

CALVARIO DE SANTA MARIÑA DA INSUA - A INSUA - PONTE CALDELAS

 CALVARIO DE SANTA MARIÑA DA INSUA

A INSUA

PONTE CALDELAS

      Calvario do año 1791 que consta dunha cruz principal e dúas laterais, xunto cun pequeno repousadoiro. O conxunto se atopa ao carón do muro do adro da igrexa parroquial de Santa Mariña da Insua.

     * A cruz central nace sobre dos chanzos. A súa base cúbica posúe as arestas rebaixadas. O varal comeza en sección cadrada e segue en sección cilíndrica con acanaladuras. O capitel tipo xónico posúe decoración de volutas e motivos vexetais. 

      Por último a cruz, de tipo leñosa con nós e de sección cilíndrica. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe con Cristo xacente nos seus brazos no reverso.

       * A cruz da dereita nace sobre unha base cúbica de arestas rebaixadas. O seu varal comeza en sección cadrada e pasa pouco despois a octogonal e na que aparece un baixo relevo dunha cruz. O capitel moldurado da paso a unha cruz sen imaxes.

       O seu capitel moldurado da paso a unha cruz de arestas rebaixadas na que aparecen a imaxe da Virxe cos brazos cruzados sobre o peito e apoiada sobre unha cabeza de anxo con ás.

      * A cruz da esquerda nace sobre unha base cúbica na que podemos ver unha caveira nun dos seus lados. noutra das caras existe unha inscrición moi erosionada que aínda permite ler a seguinte lenda: “año D 1791”.

     O varal comeza en sección cadrada e continúa en octogonal e na que aparece un baixo relevo dunha cruz.
O capitel moldurado da paso a unha cruz de sección cadrada e na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

       Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.

MAPA

 

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 6 de enero de 2025

IGREXA DE SANTIAGO DE CATASÓS - CATASÓS - LALÍN

IGREXA DE SANTIAGO DE CATASÓS

CATASÓS

LALÍN

Catasós
      Santiago de Catasós é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín.

      Segundo o IGE, no 2011 tiña 454 habitantes (246 mulleres e 208 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 527 habitantes.

Patrimonio
        No lugar de Quintela, atópase a Fraga de Catasós (ou Carballeira de Quiroga), ocupa 4.5185 ha. e foi declarada monumento natural no ano 2000, que ademais de carballos conserva castiñeiros centenarios de 5 metros de circunferencia que chegan ata os 30 metros de altura, o que os converte nos máis altos de Europa.

      Consérvanse algúns túmulos funerarios.

      O castro de Catasós presenta un recinto de forma ovalada co eixo maior (L-O) que mide uns 85 m; o eixo N-S chega ata os 80 m, ambas as medidas tomadas no exterior da estrutura. O recinto aparece defendido en todo o seu perímetro por un terraplén.

      Na zona suroeste hai un parapeto, cunha caída cara ao interior duns 3,5 m, que parece feito de pedra e terra e que nalgún punto puido ter estrutura muraria. Este parapeto vaise esvaecendo cara ao oeste e só aparece nun punto do sector oriental. Aproximadamente na zona central da coroa, existe un afloramento rochoso de xisto.

     O castro de Quintela é un recinto de forma triangular ovalada cun eixo maior de orientación NL-SO que mide 150 m no exterior e 140 m ao interior. No seu eixo menor mide 130 m ao exterior e 100 m ao interior, na súa parte máis ancha, emprazada no suroeste.

       O recinto está protexido por un terraplén de escasa proxección, pois apenas levanta dous metros na maior parte do perímetro. Na zona noroeste presenta restos do parapeto que está composto esencialmente de terra, segundo se pode ver nos cortes dun camiño que o alterou. É probable que o parapeto se estendese tamén pola zona norte, pero a densa vexetación dificulta a súa determinación.

     Entre os edificios civís da parroquia destacan o Pazo de Donfreán, un casal do século XVIII, e a Casa de Quintela.

     A igrexa parroquial de Santiago de Catasós, de 1792, foi levantada sobre as ruínas da anterior. 

      Ten tamén dúas ermidas e un cruceiro duns 5 metros de alto. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

CRUCEIRO DO CEMITERIO - IGREXA DE SANTO ANDRÉ DE FIGUEIRIDO - VILABOA

 CRUCEIRO DO CEMITERIO

IGREXA DE SANTO ANDRÉ

FIGUEIRIDO

VILABOA

Figueirido
        Santo André de Figueirido é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Vilaboa.

       Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 770 habitantes (365 homes e 405 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación. É a parroquia menos poboada do concello.

Xeografía
       Limita ao norte con Santa Comba de Bértola, ao suroeste con Vilaboa, ao leste coa Canicouva (Pontevedra), e ao noroeste con Salcedo (Pontevedra). 

      A parroquia está situada na Depresión Meridiana. Nela nace o río dos Gafos, que discorre cara ao norte.

      O curso forma un val polo que pasa a vía portuguesa do Camiño de Santiago, percorrendo un tramo da antiga vía XIX do itinerario de Antonino.

       Segundo o Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Madoz, na parroquia había un portádego no camiño de Pontevedra cara a Vigo e Tui.

        Comunícase a través da estrada N-550, e pola autoestrada AP-9 (cunha estación de peaxe). Tamén pasa pola parroquia a vía de ferrocarril entre Pontevedra e Redondela.

      Antigamente existía o apeadoiro de Figueirido, pero o desvío do corredor atlántico para a liña do Eixe atlántico de alta velocidade provocou a construción dun túnel na zona.

Patrimonio
        A igrexa parroquial é barroca, do século XVII, se ben conserva parte da ábsida rectangular de estilo románico. Sobre o testeiro ten un agnus dei, e nun dos laterais ten unha seteira románica. 

       Ten planta rectangular, co presbiterio cuberto con bóveda de canón. Unha das pedras do muro sur ten gravado un dameiro. 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 5 de enero de 2025

PETO DA ESTRADA DA TOMADA - FORMARIZ - PAREDES DE COURA

PETO DA ESTRADA DA TOMADA

FORMARIZ

PAREDES DE COURA

    Petos de Ánimas
     Os petos de ánimas son unha das manifestacións materiais do culto aos mortos, da devoción das ánimas; non deixa de falarnos das ideas moi profundas na mentalidade galega sobre a vida e a morte.

     Afirman os historiadores e etnógrafos que o peto de ánimas xorde despois do século XVI, na situación político-relixiosa da Contrarreforma, é entón cando aparece a idea do Purgatorio.

Segundo Castelao:
     "A nova devoción suprímeo a idea de castigo eterno".

      A mediados do século XVII, Galicia xa deixara de pensar no Inferno para que se entregue de cheo a idea do Purgatorio, do que os seus mortos queridos podían salvarse a forza de oracións e boas obras.

     A finalidade destes elementos populares é a de ofrecer ofrendas de todo tipo (flores, cera, patacas, maíz, pan, aceite ...), ás ánimas que non atopan descanso no Purgatorio, para que alcancen a felicidade no Ceo; unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda, e daban diñeiro para que o cura o administre e dixese misas polos defuntos.

     Os retablos das ánimas, os petos en que se pide a esmola durante a misa e as obras de cantería son manifestacións de culto ás ánimas.

     O estilo artístico , de cantería defínese como "popular"; os devotos coñecían perfectamente as formas e cores que querían e non lle pedían ao canteiro artesan outra cousa que facer a obra encargada coa súa mellor habilidade.

   Os petos unen arquitectura e escultura, e a súa estrutura divídese en tres partes:
- Estructura arquitectónica básica.
- Unha cavidade similar a unha capeliña que ocupa o eixe central e superior (buqueira).
- Unha cavidad case sempre na base da capeliña, tapada cunha lámina de ferro e un buraco para meter as ofrendas (Alxibeira).

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 


sábado, 4 de enero de 2025

CAPELA DA VIRXE DO CAMIÑO - MONTE ABANTOS - SAN LORENZO DEL ESCORIAL

 CAPELA DA VIRXE DO CAMIÑO

MONTE ABANTOS

SAN LORENZO DO ESCORIAL

Capela da Virxe do Camiño.
     Áchase na senda "A Horizontal” que se atopa na ladeira do monte Abantos e ten unha extensión de 4,6 km e discorre a unha altitude de 1.120 m. Era frecuentada polos monxes do Mosteiro e por esta razón tamén se coñece como “A volta dos Frades” ou “O paseo dos Curas”.

       Algúns investigadores aseguran que tamén a chaman “O camiño de Alfonso XIII”. A xente do pobo di que antigamente se chamaba “O camiño dos capuchinos”, tamén “A volta longa” e agora “O camiño das embarazadas”.

      Ten un nome máis: “O camiño da Virxe”. Será por isto que a xente local  chama a senda Horizontal “O camiño do Horizontal”.

      Este nome a senda obtivo debido a unha pequena capela baixo o ceo que está máis ou menos na metade do camiño. A verdade é que a maioría dos escurialenses non sabe cando e quen fixo “A capela da Virxe do Camiño”.

      Foron cinco séculos de devoción á Virxe do Camiño, sobre todo no século XX. En 1930 foi a Coroación Canónica da Virxe. É moi venerada en León, pero non en San Lorenzo del Escorial. 

      Alguén supuxo que foi unha hornacina, para que os monxes puidesen rezar estando lonxe dos seus mosteiros. Pero fíxome na placa que hai na roca de “a capela”. Nela pon: “Ave María. MCL XXXVIII”.

        Por este motivo, deduzo que foi acomodada no ano 1987. Abaixo vese a figura da Virxe Inmaculada. Contan que o autor desta iniciativa popular foi un albanel que participou na reconstrución do sanatorio de tuberculose que agora coñecemos como o hospital de San Lorenzo del Escorial.

     Ninguén lembra o seu nome, pero si o alcume “Tolín”. Sería algunha promesa súa á virxe e fixo unha ofrenda.

MAPA 

 

Fuente: Anna Berlizova
Mágica Naturaleza Escorial 

XOAN ARCO DA VELLA