jueves, 25 de julio de 2024

CRUCEIRO DA FONTE - BRIÓN - LEIRO - RIANXO

 CRUCEIRO DA FONTE

BRIÓN

LEIRO

RIANXO

      Cruceiro de capela en Brión, formando conxunto coa Fonte de Brión. Plataforma cuadrangular de catro graos, sen pedestal.

       Fuste de sección cadrada con chafráns adornados. A cruz ten sección cuadrangular cos brazos con mediacana e remates florenzados con botón central.

     O Cristo crucificado inclina a cabeza cara diante, ten as mans abertas, coroa de espiñas e carece de cartela de INRI. 

      A capela ten base moldurada decorada cun anxo con ás, tellado a catro augas, carece de bóveda, e contén dúas imaxes no interior.

     Foi estudado por Castelao en "As cruces de pedra na Galiza", publicado pola Editorial Nós en Bos Aires, no 1950.

        Segundo o libro “Os cruceiros do Concello de Rianxo”, de Xesús Antonio Gulías Lamas, “hai moitas testemuñas entre os veciños, sobre os enterramentos que aquí se facían dos anxiños que morrían sen bautismo“.

MAPA

 

 Fuente: obaixoulla.gal

XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 24 de julio de 2024

IGREXA DE SANTA MARÍA DE ASADOS - ASADOS - RIANXO

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE ASADOS

ASADOS

RIANXO

 Igrexa de Santa María de Asados
      É un templo de gran interese polas solucións arquitectónicas que presenta. Construída no século XVI, mide 32 metros de longo e 13,90 de ancho (dimensións máximas exteriores).

      A sancristía e capelas laterais son de construción máis recente, e a torre data do século XVIII. Presenta planta de cruz latina, co brazo transversal moi curto. Ten dúas capelas laterais de pequenas dimensións e unha terceira dependencia xunto ao altar maior.

         As naves confórmanse de bóvedas de canon sobre arcos de medio punto. O cruceiro a altura é menor e a bóveda de aresta. As sancristías nova e vella tamén presentan bóveda de canón.

          A fachada principal reconstruíuse no século XVIII. A torre campanario ten grandes dimensións e está situada no eixo da fachada, algo pouco común nesta zona, e divídese en cinco treitos, de planta cadrada; o primeiro corresponde á entrada mesma da igrexa, porta rematada con arco de medio punto, pilastras e frontón triangular partido pola fornela que contén unha imaxe da Virxe.

       No terceiro corpo encóntrase o campanario propiamente dito que remata cunha pequena cúpula.

      Existe unha entrada lateral e algúns ocos de iluminación; ós pés da nave sitúase o coro de madeira. A cuberta é a dúas augas de tella do país; destaca volumetricamente o cruceiro, cuberto a catro augas. Nunha das paredes hai un reloxo de sol, instalado no ano 1993.

        Castelao publica no número 73 de 1930 da revista Nós, a historia que recolle dunha vella de Asados. Conta a lenda que uns ladróns van buscar na noite ao cura á casa reitoral.

        Queren que lles acompañe ao cruceiro do adro, para poñerlle os sacramentos a unha muller que vai morrer, ou sexa, á que ían asasinar.

        Ao día seguinte apareceu removida a terra nun curruncho do adro, como se alí soterraran a un defunto aquela noite.

MAPA

 

 Fuente: Web obaixoulla.gal

XOAN ARCO DA VELLA

 

CRUCES NA IGREXA DE SANTA MARÍA DE LEIRO - A IGREXA - LEIRO - RIANXO

 CRUCES NA IGREXA DE LEIRO

IGREXA DE SANTA MARÍA DE LEIRO

A IGREXA

RIANXO

 Leiro
     Santa María de Leiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. 

     Segundo o padrón municipal (INE 2018) tiña 953 habitantes (482 mulleres e 471 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.075 habitantes e ao ano 2013 cando tiña 1.019 habitantes.

     Esta parroquia e máis a de Santa Comba de Rianxo, do mesmo concello, son os únicos puntos de Galicia nos que se conserva o uso dialectal do xerundio conxugado.

Patrimonio
    Pazo de Brión: pazo barroco compostelán da familia Torrado, construído en 1310 e reconstruído en 1610. Sufriu unha nova remodelación en 1786.

Festas
     As festas de Leiro na honra á Virxe do Carme celébranse a segunda fin de semana de outubro.

Lugares de Leiro
      Abuín, Brión, Cabanas, A Igrexa, Meiquiz, Or, Palleiro, A Pedreira, Rañó, Rial

Comarca de Barbanza
      A comarca do Barbanza, comarca da Barbanza, comarca de Barbanza ou simplemente A Barbanza, O Barbanza ou Barbanza, é unha das comarcas oficiais de Galicia. 

      Localízase no suroeste da provincia da Coruña. Pertencen a ela os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira. 

     Ten unha superficie de 246,71 km² e no ano 2020 tiña 66.063 habitantes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SANTA MARÍA DE LEIRO - A IGREXA - LEIRO - RIANXO

 IGREXA DE SANTA MARÍA DE LEIRO

A IGREXA

LEIRO

RIANXO

Igrexa de Santa María de Leiro
       A de Santa María de Leiro é un templo románico do século XVII que presenta unhas dimensións exteriores máximas de 24,20 por 9,70 metros.

      Consta dunha única nave de planta rectangular con ábsida na cabeceira que conforma o presbiterio.

        Accédese a ela a través dun arco triunfal de medio punto e está cuberta con bóveda estrelada.

     A nave principal é de bóveda de canón rebaixada, feita en madeira e cos cimbros á vista.

       Ós pés presenta tribuna con escada de caracol de acceso que transcorre polo interior do campanario. A sancristía está engadida á ábsida con posterioridade.

      Os muros son de cachotaría e a fachada principal e a torre de cantaría. A torre é de planta cadrada e está situada no lateral dereito da fachada, composta por tres treitos; o primeiro totalmente liso, do século XVIII, sen decoración; os dous últimos son posteriores e de estilo barroco. Remata en cúpula.

       A fachada principal consta de porta rectangular, posiblemente maior cá orixinal, xa que desborda o arco de medio punto, enmarcado por xambas e con adornos florais nas arquivoltas.

        Sobre a porta hai repisa e dosel en forma de cunca coa imaxe da Virxe co Cristo en brazos.

      Enriba ábrese un pequeno rosetón con dobre caída. A caída é a dúas augas con tella curva do país.

        No interior da nave hai un pequeno baptisterio no lado do evanxeo e dous altares de pedra colocados diagonalmente nos ángulos do fondo. Tamén se atopa un curioso sarcófago e no muro contrario un fermoso escudo.

         No cemiterio consérvase parte do cruceiro de capeliña de Leiro debuxado por Castelao (As cruces de pedra na Galiza, lámina LXXIV), reutilizado parcialmente sobre a tumba do párroco José Combeiro Rodríguez.

MAPA

 

Fuente: Web obaixoulla.gal

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 23 de julio de 2024

FORNELA EN PARADA - IGREXA DE SAN TOMÉ DE PARADA - SILLEDA

FORNELA EN PARADA

IGREXA DE SAN TOMÉ DE PARADA

SILLEDA

 Parada
       San Tomé de Parada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda.

     Segundo o IGE en 2011 tiña 200 habitantes (99 mulleres e 101 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 240 habitantes.

Xeografía e historia
       Situada no cono sur de Silleda, é a parroquia de maior superficie do concello. O seu nome fai referencia ao paso de camiños ao Ribeiro, Silleda, Ulla, e Terra de Montes.

         Integrada no século XVIII na xurisdición de Deza, pertencente á provincia de Lugo, ao contrario que as demais parroquias da de Trasdeza, dentro da provicia de Santiago, acolle o punto máis alto do concello (1014 msnm, o Alto de San Bieito, na Serra do Candán.

        O nome deste pico débese aos monxes bieitos de Aciveiro, donos de grandes extensións de terras nestes montes.

Lugares de Parada
     O Barro, A Coelleira, O Cruceiro, Currás, Eirexe, Freixeiro, Mediodaldea, O Outeiro, O Pereiro, O Portapazos, Portodabalde, Redemuíños, Souto Nogueira, A Veiga

Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín.

     Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes.

      O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

Situación
      A comarca de Deza vén coincidir co centro xeográfico de Galicia. Limita ao norte coas comarcas coruñesas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño (Ourense), ao leste coas de Ulloa e Chantada (Lugo) e ao oeste coa de Tabeirós-Terra de Montes.  

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA