lunes, 27 de enero de 2025

CIRCO DOS MUCHACHOS - BEMPOSTA - OURENSE

 CIRCO DOS MUCHACHOS

BEMPOSTA

OURENSE

Circo dos Muchachos
     O Circo dos Muchachos foi o primeiro proxecto de escola de circo en España. Fundado polo padre Jesús Silva Méndez na década de 1960, instalouse nunha leira chamada «Benposta» (tamén coñecida como «La Ciudad de los Muchachos»), no arrabalde sur da cidade de Ourense, na parroquia de Seixalbo.

     Mantívose en activo até a primeira década do 2000. Foi catalogada como unha experiencia de autoxestión xuvenil, dentro dun estrito marco legal durante a ditadura franquista.

      Este modelo tivo réplicas noutros proxectos xuvenís, especialmente en América Latina, e marcou varias xeracións de artistas. Entre eles destacan Benposta Colombia (Bogotá, Villavicencio e Montería), fundada por José Luís Campo Rodicio, e mais Benposta Venezuela (La Guaira, Sinamaica e Caracas).

Historia
       Antes de completar os seus estudos de teoloxía na Universidade de Salamanca, na década de 1950, Jesús Silva Méndez fundou en Ourense, xunto con outras mozas e mozos, unha asociación xuvenil. En principio, a sede estivo no baixo da casa da súa nai, e despois trasladouse a Benposta, unha leira de 200.000m² na parroquia de Seixalbo.

Benposta, «La Ciudad de los Muchachos»
      A leira recibiu o nome de «Benposta» para acoller a «Ciudad de los Muchachos», debido á organización e construcións en forma de pequena cidade. Moitas das edificacións da leira de Seixalbo foron realizadas polo arquitecto Alberto Muñiz, fundador da CEMU (Ciudad Escuela Muchachos).

     Benposta foi fundada con base nunha intensa ideoloxía católica. Moita xente considera que a «Ciudad de los Muchachos» estaba dedicada á caridade para as nenas e os nenos sen fogar. Porén, o padre Silva propugnaba que a motivación real era crear unha comunidade educativa onde as nenas e os nenos fosen parte dun «mundo novo» baseado nos principios católicos.

Escola de circo
      É considerada a segunda escola de circo do mundo, trala escola do circo de Moscova. Este circo foi pioneiro e describiría a folla de ruta que máis adiante seguiría o Circo do Sol nas súas actuacións de circo sen animais. Con todo, no 30º aniversario, o espectáculo dos Muchachos incluíu cabalos en liberdade montados por acróbatas.

     Unha das actividades do circo a inicios da década de 1960 era o proxecto de reciclaxe «TraPaBoCha». Consistía en reciclar trapos de tea, papel, botellas e ferralla co fin de financiar as actividades filantrópicas orientadas á mocidade.

Revolution Circus
      A primeira actuación foi na Praza de Catalunya (Barcelona) en 1966. Despois fixeron xiras por Portugal e o resto de España, e en 1970 actuaron en Francia. O Circo de los Muchachos foi o primeiro en actuar no Grand Palais parisiense. Tamén realizaron xiras por Bélxica e os Países Baixos. En 1973, actuaron no Madison Square Garden de Nova York. Publicaron un LP coas cancións deste espectáculo para continuar coas xiras polos EUA e Suramérica. A finais dos 70, foron incluídos como artistas prohibidos pola ditadura arxentina. Tamén actuaron en países de Asia e mais en Australia. Na década de 1980 inauguraron un espectáculo en Israel e levárono por toda Europa. O circo fixo actuacións especiais en Alemaña, onde a ideoloxía de Benposta era moi coñecida grazas a libros e documentais.

Declive
       O seu declive comezou na primeira década dos 2000. Tralo pasamento do padre Silva, produciuse practicamente o seu desmantelamento.

O poliedro de Benposta
      Na leira de Seixalbo instalouse un poliedro deseñado polo arquitecto Emilio Pérez Piñero. Pertencente á instalación Cinerama, foi empregado como instalación permanente da escola de circo, amais de para realizar funcións semanais.

O Museo Circo de los Muchachos
     En febreiro de 2019, a Asociación Cultural Padre Silva (creada trala morte deste en 2011) abriu as portas do Museo Circo de los Muchachos, situado na zona vella da cidade de Ourense, no número 6 da rúa Bailén. Este museo conta cunha exposición que recolle a evolución histórica da Benposta ourensá.

Algúns artistas coñecidos que tiveron o seu inicio en Benposta foron:
    O pallaso Pancracio, que actuou no circo a finais dos anos 60 e principios dos 70 do século XX.
    Julio Sabala, artista e imitador.
    Suso Clown, Premio Nacional de Circo en 2003.
    Mustafa «Danger», funámbulo do extinto circo Ringling Brothers

      Especial atención merece o colectivo de 12 ecuatoguineanos que se uniron ao programa educativo de Benposta trala descomposición dese estado africano durante o goberno de Macías. Xorden así profesionais do teatro, a música ou o cine como Marcelo Ndong, Hermenegildo Alogo Mebuy (Hermes, guitarrista de Los Suaves), Ponciano Bakale, Pedro Ekong Mengue, Patricio Mitogo Nsue ou os irmáns Fernando e Isabel Daperia.

 VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

 

lunes, 20 de enero de 2025

CRUCEIRO DE SAN XOÁN - CANTEIRA DE PAREDES - PAREDES - VILABOA

 CRUCEIRO DE SAN XOÁN

CANTEIRA DE PAREDES

PAREDES

VILABOA

 Paredes
     Paredes é un lugar da parroquia de Vilaboa, no concello pontevedrés de Vilaboa, na comarca de Pontevedra.

      Segundo o IGE, en 2022 tiña 603 habitantes (301 homes e 302 mulleres).

      O lugar está atravesado pola estrada N-550, e desde aquí parte a estrada PO-264. Até 2013, cando se inaugurou o eixe atlántico de alta velocidade, estivo atravesado tamén pola liña de ferrocarril Pontevedra-Redondela.

      De feito até a década de 1950 houbo no lugar un paso a nivel.

       A carón deste lugar atópase o conxunto intermareal e etnográfico de Ulló.

Comarca de Pontevedra

        A comarca de Pontevedra é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Pontevedra. 

       Pertencen a esta comarca os concellos de Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa. No 2020 tiña 125.280 habitantes.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

domingo, 19 de enero de 2025

CAPELA DA ENCARNACIÓN - LOVELHE - VILA NOVA DA CERVEIRA

 CAPELA DA ENCARNACIÓN

LOVELHE

VILA NOVA DA CERVEIRA

 Vila Nova de Cerveira
       Vila Nova de Cerveira (coñecida frecuentemente apenas por Cerveira) é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 1.300 habitantes.

      É sede dun municipio con 108,46 km² de área e 8852 habitantes (2001), subdividido en 15 freguesías.

       O concello limita ao nordés con Valença, ao leste con Paredes de Coura, ao sueste con Ponte de Lima, ao suroeste con Caminha e ao noroeste co concello galego de Tomiño, a través do río Miño.

        No ano 2004 construíuse a Ponte da Amizade que a conecta con Galiza.

      A cidade foi fundada polo rei Don Dinís de Portugal en 1321 e hoxe é moi coñecida e visitada pola Bienal Internacional de Arte de Cerveira que ten lugar na cidade desde 1978. O complexo do Fórum Cultural de Cerveira tamén é un lugar para exposicións e outros eventos fóra da Bienal. En portugués Cerveira é coñecida como "Vila das Artes". 

       A cidade mantén, entre outras cousas, residencias creativas na Casa do Artista "Pintor Jaime Isidoro" e alberga a Escola Superior Gallaecia.

       O CineTeatro, convertido en centro cultural e de eventos, o arquivo da cidade (Arquivo Municipal), a Biblioteca e a Casa do Turismo, aloxados nunha casa histórica de dous andares do século XIX, entre outros son ​​outros lugares de arte que hai que mencionar en Vila Nova de Cerveira.

     Na vila hai unha estación de ferrocarrís, paso regular trens. Os monumentos arquitectónicos tamén inclúen edificios públicos históricos, fontes de pedra, o centro de artesanía Casa do Artesão, o Aquamuseu do Río Minho (aberto en 2005, dedicado á historia, á flora e fauna do río Miño), a pousada de Don Dinís, e varios de edificios sacros, como a Igrexa Matriz de Vila Nova de Cerveira (tamén Igrexa de São Cipriano) e a igrexa barroca, construída orixinalmente no século XVI.

Freguesías de Cerveira
     Alén da de Lovelhe e Vila Nova, Cerveira ten 10 freguesías:
    Campos e Vila Meã
    Candemil e Gondar
    Cornes
    Covas
    Gondarém
    Loivo
    Mentrestido
    Nogueira e Reboreda
    Sapardos
    Sopo

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 17 de enero de 2025

CAPELA DE SAN SILVESTRE - FERREIRA - PAREDES DE COURA

 CAPELA DE SAN SIVESTRE

FERREIRA

PAREDES DE COURA

 Ferreira
     Ferreira era unha fregresia portuguesa do municipio de Paredes de Coura, distrito de Viana do Castelo.

Historia
      Foi suprimida o 28 de xaneiro de 2013, en aplicación de unha resolución da Asamblea da República portuguesa promulgada o 16 de xaneiro de 2013 o unirse coa fregresia de Formariz, formando a nova fregresia de Formariz e Ferreira.

Paredes de Coura
     Paredes de Coura es una vila portuguesa do distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e comunidade intermunicipal do Alto Miño, con cerca de 9100 habitantes.

      E sede de un municipio con 138,02 km² de área y 8632 habitantes (2021), subdividido en dezaseis fregresias.

       O municipio limita o norte cos municipios de Valença e Monção, o este con Arcos de Valdevez, eo sur con Ponte de Lima e o oeste con Vila Nova de Cerveira.

     Todos os vrans celebra el Festival de Paredes de Coura dónde acuden grupos musicais de nivel internacional,o que o convierte en un dos máis importantes de Portugal.

Las fregresias de Paredes de Coura son las siguientes:​
    Agualonga
    Bico e Cristelo
    Castanheira
    Cossourado e Linhares
    Coura
    Cunha
    Formariz e Ferreira
    Infesta

    Insalde e Porreiras
    Mozelos
    Padornelo
    Parada
    Paredes de Coura e Resende
    Romarigães
    Rubiães
    Vascões

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

jueves, 16 de enero de 2025

PETO DA SEÑORA DO LEITE - RÚA DA NOSA SEÑORA DO LEITE - BRAGA

 PETO DA SEÑORA DO LEITE

RÚA DA NOSA SEÑORA DO LEITE

BRAGA

  Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA