IGREXA DE SAN MARTIÑO
ABELENDA
VALONGO
CORTEGADA
Igrexa de San Martiño de Valongo
A igrexa de San Martiño de Valongo é o templo parroquial de Valongo, no municipio de Cortegada. O templo está adicado a Martiño de Tours.
Historia
O templo de San Martiño de Valongo foi mandado construír por Diego Fermín de Vergara, relixioso nado na aldea de Leirado, que chegou a ser bispo da diocese de Popayán (Colombia) e arcebispo de Santa Fe (Arxentina).
Os seus pais foron Manuela de Rivera e Vergara e Fermín de Vergara, quen foi capitán e gobernador da vila de Milmanda. O mestre de cantería da obra foi Francisco Costa.
Arquitectura
O templo está no centro dun adro que fai a función de cemiterio, ao que se pode acceder por unha escalinata barroca.
Trátase dun exemplo de barroco tardío ben proporcionado, esvelto, uniforme, de liñas arquitectónicas e xogos de masas e volumes coidados.
Exterior
Ao exterior presenta unha fachada de retablo cunha esvelta torre dun só corpo coroada cunha cúpula que remata cunha cruz de ferro no catavento; na fachada ábrese unha porta coroada por un frontón roto que abrangue unha escultura que mostra unha imaxe de Martiño de Tours a cabalo partindo a capa, onde destacan as características faciais da figura e perfeccións anatómicas. Esta fachada remata con pirámides, bólas, unha cruz e gárgolas decorativas.
Os muros laterais da igrexa están divididos en tres tramos por grosos contrafortes,con portas ao sur e ao norte. Ao lado sur hai unha capela funeraria propiedade da familia do citado bispo, con escudo da cruz de Santiago.
Do lado norte existe outra capela que fai a función de sancristía. Os brazos do cruceiro son pouco saíntes e o pé rectangular.
Abelenda
Abelenda é un lugar da parroquia de Valongo no concello ourensán de Cortegada na comarca do Ribeiro. Tiña 36 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 16 eran homes e 20 mulleres.
No 2009 tiña 40 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 20 eran homes e 20 eran mulleres.
Valongo
San Martiño de Valongo é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense comarca do Ribeiro. No ano 2013 tiña 275 habitantes, dos cales 133 eran homes e 142 eran mulleres.
Lugares de Valongo
Abelenda, O Casal, Casaldálvaro, A Decolada, Leirado, Outeiral, Pazo, Peralba, O Pereiro, A Ponte Trado, Sa, Vilanova da Barca.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA