miércoles, 18 de diciembre de 2024

ALDEA ESQUECIDA DE SAN MIGUEL - A ARNOIA

 ALDEA ESQUECIDA DE SAN MIGUEL

A ARNOIA

San Salvador da Arnoia
      San Salvador da Arnoia é unha parroquia do concello da Arnoia, situada na provincia de Ourense.

      Segundo o IGE, en 2016 tiña 1 002 habitantes (499 homes e 503 mulleres), 182 menos ca en 2006.

Lugares da Arnoia
       Bacelo, Carnós, Os Chaos, Lapela, A Laxa, Nogueiredo, Oliveira, O Outeiro, Outeiro Cruz, A Paixón, O Pomar, A Ponte, Porqueira, Quinteiros, A Reza, O Rial, San Amaro, Sendín

A Arnoia
      A Arnoia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. 

 

      Segundo o IGE en 2016 tiña 1002 habitantes. O xentilicio é «arnoiao».

Xeografía
       Limita ao noroeste con Ribadavia, ao nordeste con Castrelo de Miño, ao leste con Cartelle, ao sueste con Gomesende e ao suroeste con Cortegada.

     Localízase na unión do río Arnoia, que divide o concello en dúas partes, co Miño.

      A zona nordeste do concello é a máis escarpada, onde se localiza o Coto de Novelle (712 m). Nela hai bosques de piñeiros e frondosas. O canón do río Arnoia é escarpado e con fervenzas.

      Ao sur do río, á altura da minicentral eléctrica, hai un gran bosque de sobreiras de máis de mil hectáreas no seu extremo suroriental estremando co concello de Cartelle.

      Ás veces chegan peladores furtivos portugueses a sacar a cortiza, xa que o aproveitamento local tradicional abandonouse hai anos.

      A zona suroeste, que forman os vales de Santo Amaro, San Vicente e Remuiño, ten unha altura media de só 80 m.

Comarca da Terra de Celenova
      A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova.

        A ela pertencen os concellos da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

VIDEO

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

MEMORIA DO ANO 2024 - BLOG XOAN ARCO DA VELLA

  MEMORIA DO ANO 2024
BLOG XOAN ARCO DA VELLA

      A piques de rematar o ano 2024 e como ven sendo normal facemos balance do blog

WWW.XOANARCODAVELLA.COM.

     Contento de seguir poñendo un traballo diario, este ano seran 366 entradas, e tamen feliz de disfrutar da vosa compañia, e de poder axudar a mostar Galicia

     Chegamos no 2024 a un total de 219.356 visitas este ano e alcanzamos un total de mais de 5.210.114

     Visitáronnos dende moitos paises o longo do tempo, unha chea de lugares que desexamos gozaran de Galicia.

    O numero de seguidores nas redes sociais superou os 36.023 amigos e amigas, moitisimas grazas a cada un por acompañarne....GRAZAS

     Quero agradecervos a axuda prestada e o voso tempo para poder chegar tan lonxe e espero contar convosco o proximo ano 2025. 

XOAN ARCO DA VELLA

lunes, 16 de diciembre de 2024

BON NADAL E FELIZ ANO 2025

 BON NADAL

FELIZ 2025

         Grazas por acompañarnos este ano, vos sodes o motivo que me impulsan a traballar cada día máis e si pode ser mellor, e seguir facendo mais cada día.

   Pero queria ter un detalle neste día tan especial con vos as seguidoras/es nas redes sociais e no blog ao longo deste tempo, darvos unha aperta a cada un de vos.

     Son feliz de contar coa vosa axuda e compañia.

       Quero agradecer tamen o tempo que me prestan as xentes do programa SEMPRE EN GALICIA RADIO CORNELLÁ e a plataforma dixital HI GALICIA por permitirme estar no seu equipo.

GRACIAS, MOITAS GRACIAS.. 

XOAN ARCO DA VELLA

martes, 10 de diciembre de 2024

ERMIDA DE SAN ANTÓN - LOURESES - AGUÍS - OS BLANCOS

 ERMIDA DE SAN ANTÓN

LOURESES

AGUÍS

OS BLANCOS

     Ubícase no lugar denominado O Santo, preto do cruceiro, o peto e a Cruz de San Antón.

     Realizada en perpiaño, consta dunha soa nave con cuberta de tella do país a catro augas.

     A fachada defínese cun  pórtico de seis columnas con basa e capitel con equino e ábaco.

     Na cara interior do pórtico hai un banco corrido e o espazo restante, sen ningún tipo de separación, destínase para uso relixioso.

     No lateral esquerdo, no paramento parece que existíu outro acceso hoxe macizado.

     Xusto enriba encóntrase a espadana de arco de medio punto con remate triangular agudo cunha cruz, que descansa sobre un pedestal rectangular de enorme desenrolo.

     Na cornixa do lateral esquerdo apréciase unha ruptura constructiva.

      Toda é igual agás na zona da espadana, que presenta peor acabado e sobresae da súa liña con respeto aos outros dous tramos.

     Todo isto leva a pensar que tanto a espadana como o paramento que ten xusto debaixo son posteriores, á propia ermida.

    Ten unha inscrición ilexilble no muro e outra na cornixa.

MAPA

 

 Fuente: Web altalimia

XOAN ARCO DA VELLA


CRUCEIRO NA CEBOLEIRA - ARCOS DA CONDESA - CALDAS DE REIS

 CRUCEIRO NA CEBOLEIRA

CEBOLEIRA

ARCOS DA CONDESA

CALDAS DE REIS

Ceboleira
     Ceboleira é un lugar da parroquia de Arcos da Condesa, no concello pontevedrés de Caldas de Reis na comarca de Caldas.

Arcos da Condesa
     Santa Mariña de Arcos da Condesa é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Caldas de Reis na comarca de Caldas, ademais dunha das nove entidades locais menores de Galiza. 

Segundo o padrón municipal en 2013 tiña 439 habitantes (214 homes e 225 mulleres), 15 máis ca en 2004 e 30 menos ca en 1999.

     Ten nove entidades de poboación.

      Debe o seu nome á condesa Munia, filla de Froila Vermúdez, que viviu no lugar de Marán.

      Durante o Antigo Réxime foi un couto, aínda que non chegou a ser concello propio no momento da configuración dos concellos constitucionais.

Lugares de Arcos da Condesa
     O Ameal, A Arosa, Badoucos, Ceboleira, Foxacos, Marán, Penalta, San Martiño, Valsordo

Comarca de Caldas

      A comarca de Caldas é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Caldas de Reis. 

    Pertencen a ela os concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga.

MAPA 


XOAN ARCO DA VELLA 

lunes, 9 de diciembre de 2024

CAPELA DO CARMEN DE PORTO NADELA - QUEIRUGA - PORTO DO SON

 CAPELA DO CARMEN DE PORTO NADELA

QUEIRUGA

PORTO DO SON


     Ó carón do Porto Nadelas, acollida debaixo de unha das rochas sobre a que se encontra unha cruz, atópase a imaxe da Virxe do Carme, feita en granito.

     Neste santuario, cada 16 de Xullo, na parroquia de Queiruga, un grupo de devotas e devotos renden unha merecida homenaxe á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros.

     Grazas a participación da xente durante todo o día elabórase unha fermosa alfombra e demais decorado ao carón da Virxe.

     Os veciños soben a Santa a un barco, e en procesión dan unhas voltas, ó finalizar a misa tírase ó mar unha coroa de flores.

     Aparte deste día, o derradeiro día das festas do Verán o 26 deste mesmo mes, volverase a celebrar unha gran misa tamén na súa honra. 

      Rematando cunha gran sardiñada no campo da festa.

 Comarca de Noia
     A comarca de Noia é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Noia.

     Pertencen a esta comarca os concellos de Lousame, Noia, Outes e Porto do Son.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA